As karatecas galegas traen dous bronces do Campionato de España Sénior celebrado en Tomares

Redacción
A Selección Galega de Karate ven de participar no Campionato de España Sénior e de Para-Karate. A competición celebrouse na localidade sevillana de Tomares a pasada fin de semana. En concreto os días 24 e 25 de marzo de 2018. Galicia colleitou tres medallas de bronce. Unha foi para Marcos Movilla en Kata Discapacidade Física Masculino, outra foi para Ruth Lorenzo en Kumite Feminino -55 quilos e o terceiro metal foi colleitado polo equipo de Kata feminino conformado por: Carla Rodríguez, Carla Fernández e Ariadna Rocha.

Componentes del equipo gallego del Campeonato de España Senior y Para-Karate 2018
En conxunto, o equipo galego obtivo os seguintes resultados:
- Kata Discapacidade Física Masculino: BRONCE para Marcos Movilla Martínez do Karate Club Maceda (Ourense).
- Kumite Feminino -55 kg.: BRONCE para Ruth Lorenzo Couso do Club San Francisco
Teo (Teo).
- Kata por Equipos Feminino: BRONCE para o equipo integrado por Carla Rodríguez Fernández do Akai-Ryu (Negreira), Carla Fernández Lombardía do Club Shihan (Lugo) e Ariadna Rocha López do Bunkai (Ferrol).
- Kumite Masculino -84 kg.: 5º lugar para Antonio Cartolano Blanco do San
Francisco Teo (Teo).
A Federación Galega de Karate participaba nesta competición cunha selección integrada
por 12 deportistas pertencentes a nove clubs das localidades de Teo, Narón, Ferrol, Negreira, Maceda, Carballo, Valdeorras e Lugo:
- San Francisco Teo (Teo).
- ESK Narón (Narón).
- Renbukan (Ferrol).
- Akai-Ryu (Negreira).
- KC Maceda (Maceda).
- Karate-do Carballo (Carballo).
- Shihan (Lugo).
- River Stone (O Barco de Valdeorras).
- Bunkai Sport (Ferrol).
A representación galega nesta competición complétase coa participación do árbitro
nacional José Alberto Álvarez Taboada.