Saltar ao contido

O IV Torneo de Ximnasia Rítmica de Abegondo xunta a máis de 200 deportistas e 18 clubs en San Marcos

Marzo 26, 2018

  • Os equipos de Abegondo e Carral foron os máis laureados conseguindo cada un cinco medallas dun total de 27 en xogo.

  • Pola tarde outras tantas ximnastas chegadas de toda a comarca participaron nunha xornada de exhibición xa a marxe da competición.

Ritmica Abegondo - Actuacion 1.jpg

Redacción

O Pavillón Polideportivo de San Marcos rexistrou un cheo absoluto para presenciar o IV Torneo de Ximnasia Rítmica de Abegondo. A cita congregou a máis de 200 deportistas pertencentes a 18 clubs galegos. As ximnastas de Abegondo e Carral foron as que máis medallas acadaron sumando cinco cada club dun total de 27 metais en xogo.

Ritmica Abegondo - Actuacion 2.jpg

A entrega de trofeos correo a cargo da concelleira da Área de Participación veciñal, Desenvolvemento ecoagrario, Formación e emprego e Seguridade Cidadá, Paquita Bestilleiro Roel, a xefa do Servizo de Deportes do Concello de Abegondo, Isabel Rodríguez López, e os xuíces da proba.

Ritmica Abegondo - Actuacion 4.jpg

Pola tarde, exhibición con máis de 200 rapazas sobre o tapiz

Esta modalidade deportiva, que congrega nas escolas municipais abegondesas a máis dun cento de nenas, seguiu a reclamar a atención dos afeccionados na tarde do sábado dado que se celebrou no mesmo escenario unha xornada de exhibición con preto de 40 actuacións nas que se incorporaron tamén pezas de Ximnasia Estética de Grupo e pezas grupais, unha modalidade que resulta aínda máis vistosa se cabe.

Ritmica Abegondo - Actuacion 5.jpg

Nesta cuarta edición do Torneo de Ximnasia Rítmica de Abegondo participaron os seguintes clubs chegados de diferentes puntos de Galicia:

  1. Club Saraiba de Poio
  2. Colexio Compañía de María
  3. Club Xiada
  4. Grand Jete
  5. Club Ximnasia Oroso
  6. Ximnasia Rítmica Oza Cesuras
  7. Club Treboada
  8. Escuela Ximnasia Rítmica Compostela
  9. Colegio Los Tilos
  10. Escuela Viravolta Santiago
  11. Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela
  12. Club Ximnasia Rítmica Carral
  13. Club Rítmica Milenium
  14. Colegio Obradoiro
  15. Club María Barbeito
  16. Ximnasia Rítmica Vilagarcía
  17. Club Viravolta Santiago
  18. Ximnasia Rítmica Abegondo

Ritmica Abegondo - Desfile final 1.jpg

A clasificación quedou coma segue:

ALEVÍN ESCOLAR

  1. Escola X.R. Compostela
  2. Club X.R. Carral
  3. Club Xiada

Alevin escolar

SENIOR ESCOLAR

  1. Escola X.R. Compostela
  2. Club María Barbeito
  3. Colegio Obradoiro

Senior Escolar.JPG

ALEVIN PROMOCIÓN

  1. Club Viravolta
  2. Club X.R. Compostela
  3. R. Abegondo

Alevin promocion.JPG

CADETE ESCOLAR

  1. Club Ximnasia Oroso
  2. R. Abegondo
  3. R. Vilagarcía

Cadete escolar.JPG

PREBENJAMÍN ESCOLAR

  1. Club X.R. Carral
  2. Escuela Viravolta Santiago
  3. R. Abegondo

Prebenxamin escolar.JPG

INFANTIL PROMOCIÓN

  1. Club Deportivo X.R. Compostela
  2. Club X.R. Carral
  3. Club María Barbeito

Infantil promocion.JPG

BENXAMÍN ESCOLAR

  1. Club Compostela
  2. Escola X.R. Compostela
  3. Club Saraiba

Benxamin escolar.JPG

BABIE ESCOLAR

  1. R. Abegondo A
  2. Club X.R. Carral
  3. R. Abegondo B

Babie Escolar.JPG

SENIOR PROMOCIÓN

  1. Club X.R. Carral
  2. Club X.R. Oroso
  3. Club Xiada

Senior Promocion.JPG

Ritmica Abegondo - Actuacion 3.jpg

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: