Skip to content

Mudega festexa en Allariz a IV Gala do Deporte Feminino en Galicia reivindicando o espazo das féminas

Abril 24, 2016

  • Preto de 200 persoas déronse cita en Allariz para celebrar a IV Gala do Deporte Feminino en Galicia. 
  • Vanesa Sotelo foi distinguida como mellor deportista do ano 2015 e o CRAT de rugby da Coruña como mellor equipo.
  • A xogadora de balonmán Begoña Fernánde levou o premio á mellor traxectoria.

Redacción

Gala Mudega 2015 premiados

Gala Mudega 2015 premiados

A cita serviu para reivindicar o espazo da muller no deporte. Lembrouse que a coletilla de ‘feminino’ adoita a acompañar as informacións de seleccións, equipos e deportistas cando se trata de mulleres, non así no caso dos homes. O deporte feminino reivindicouse en terras ourensás en forma de parabéns para as persoas e entidades que máis se significaron neste eido no ano 2015.

A IV Gala do Deporte Feminino en Galicia, promovida por Mudega (Mulleres Deportistas Galegas) coa fin de valorar e visibilizar os éxitos e o traballo feito aprol do deporte feminino cada tempada, foi conducida pola comunicadora Concha Pérez e contou coa actuación do monologuista Carlos Blanco que confesou a emoción que sentiu cando a regatista Támara Echegoyen, á que lle une un afecto persoal, acadou o ouro nos Xogos Olímpicos de Londres.

O premio para a mellor para a mellor deportista foi para a xogadora do Cidade de As Burgas, Vanessa Sotelo, (medalla de bronce e bota de ouro no Mundial de fútbol sala feminino 2015, top 10 mundial)

Vanesa Sotelo, Gala Mudega 2015

Vanesa Sotelo, Gala Mudega 2015

 

O galardón para o mellor equipo correspondeulle ao CRAT Coruña Rugby, que logrou o título de campión da División de Honra feminina.

CRAT, Gala Mudega 2015

CRAT, Gala Mudega 2015

O premio á mellor traxectoria deportiva recibiuno a xogadora de balomán Begoña Fernández.  Begoña ven de se retirar e recolleu o premio evidenciando a feliz nova do seu embarazo. Esta deportista galega conta cun curriculum espectacular tanto no seu club coma na selección española: 181 partidos coa selección española, 7 ligas, 5 copas da Raíña, subcampioa da Champions League, prata no Europeo, bronce no Mundial e nos Xogos de Londres.

Begoña Fernández, Gala Mudega 2015

Begoña Fernández, Gala Mudega 2015

A adestradora de patinaxe Rosa María García foi elixida como a mellor adestradora do ano polo espectacular traballo que está a realizar cos rapaces e rapazas que adestra, onde están acadando medallas a nivel internacional (Manuela Vila, campioa de Europa de patinaxe artística infantil; Lucía Fernández, campioa de Europa alevín; Lucas Yáñez, subcampión de Europa alevín, entre outras).

Rosa García, Gala Mudega 2015

Rosa García, Gala Mudega 2015

Ademais, Yolanda Parga (árbitra de fútbol) acadou o premio á mellor xuíza do ano 2015. Parga participou no Mundial de Fútbol Feminino do 2015 e foi unha das asistentes na final do Mundial. Recibiu o premio no seu nome outra colexiada Zulema González.

 

Nuria Rodríguez Suárez, presidenta da Federación Galega de Salvamento, foi elixida mellor directiva polo seu traballo a prol da igualdade. Na actualidade esta federación ten máis licenzas femininas no deporte base e no cómputo xeral, as mulleres teñen a mesma presenza que os homes.

Nuria Rodríguez, Gala Mudega 2015

Nuria Rodríguez, Gala Mudega 2015

Na categoría de mellor iniciativa a prol do deporte feminino, o xurado apostou polo Club Ciclista Cidade de Lugo, que creou recentemente un equipo feminino.

CC Cidade de Lugo, Gala Mudega 2015

CC Cidade de Lugo, Gala Mudega 2015

A empresa Envialia, patrocinadora do Ourense de fútbol sala feminino dende a tempada 2007/08, é a entidade privada máis  colaboradora do deporte feminino. No seu discurso, o representante de Envialia confesou como foi que empezaron os seus patrocinios neste eido. Explicou que unha xogadora lle pediu que simplemente lles mercase unhas camisetas para poder xogar ao fútbol sala, “esas  camisetas foron a mellor inversión da miña vida nesta empresa“, asegurou.

Envialia, Gala Mudega 2015

Envialia, Gala Mudega 2015

Concello do Porriño foi premiado como a mellor entidade pública, pola súa aposta polo deporte feminino. Hai que destacar que é a segunda vez que este concello é recoñecido por Mudegá, o cal debería ser un toque de atención para o resto das institucións públicas, que apenas reciben candidaturas ante a falta de apoio ao deporte feminino.

Porriño, Gala Mudega 2015

Porriño, Gala Mudega 2015

O premio para o xornalista/medio de comunicación amigo correspondeulle a Alfonso Hermida, da TVG, pola súa atención aos méritos realizados polas nosas deportistas, sen importar o sexo. No seu discurso, Hermida amosou unha vez máis o seu compromiso coa igualdade.

Alfonso Hermida, Gala Mudega 2015

Alfonso Hermida, Gala Mudega 2015

O premio como mellor deportista promesa foi para a xogadora de baloncesto María Pérez Araujo (campioa de Europa sub 18 de baloncesto feminino). Foi súa nai quen recolleu o premio no seu nome.

Nai de María Araújo, Gala Mudega 2015

Nai de María Araújo, Gala Mudega 2015

Susana Rodríguez Gacio (bronce no Mundial de paratríatlon, prata no Mundial de Acuatlón, campioa de Europa de dúatlon e clasificada para os Xogos de Río) foi elexida mellor deportista con discapacidade do ano 2015.

Carlos Colina, Gala Mudega 2015

Carlos Colina, Gala Mudega 2015

No transcurso da gala, tamén se entregaron tres mencións especiais: unha foi para Paco Araújo (presidente do Celta de baloncesto feminino dende o 2001 ata 2016, recentemente falecido) polo seu inxente traballo a prol do baloncesto feminino. Recolleu o premio Carlos Colina. Outra mención foi para a boxeadora arteixá Marta Brañas, primeira campioa de España profesional de boxeo.  A terceira mención foi para o Calasancias de Voleibol, por integrar a unha deportista transexual na plantilla dun dos equipos do club, marcando un fito histórico para o deporte feminino.

 

Voleibol Calasancias, Gala Mudega 2015

Voleibol Calasancias, Gala Mudega 2015

 

Marta Brañas, Gala Mudega 2015

Marta Brañas, Gala Mudega 2015

LISTA DE PREMIOS IV GALA DO DEPORTE FEMININO GALEGO

  • Mellor deportista: Vanessa Sotelo
  • Mellor deportista con discapacidade: Susana Rodríguez Gacio
  • Mellor traxectoria: Begoña Fernández Molinos
  • Medios de comunicación/xornalista: Alfonso Hermida
  • Mellor adestrador/a: Rosa Mª García Rodríguez
  • Mellor árbitra/xuiza: Yolanda Parga
  • Iniciativa a prol do deporte feminino: Club Ciclista Lugo
  • Entidade privada amiga: Envialia
  • Entidade pública máis comprometida: Concello do Porriño
  • Directiva máis comprometida: Nuria Rodríguez Suárez
  • Mellor equipo: CRAT Coruña
  • Premio a mellor deportista promesa: María Pérez Araujo

Mencións especiais:

  • Paco Araujo
  • Calasancias de voleibol
  • Marta Brañas

 

 

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: