Skip to content

O Poio Pescamar medirá forzas co Rubí FS nun partido para facer historia

Xaneiro 22, 2016

O Poio Pescamar concentrase o sábado antes do último partido da ida da liga ante o Rubí FS para comer no TintaNegra, restaurante patrocinador do equipo rojillo.

Redacción

Este partido que se disputara na Seca o próximo sábado as 18:30 é especial para as rojillas, xa que conseguiron o ascenso hai tres anos gañando un partido contra as catalanas, a domicilio, tendo sido derrotadas previamente na primeira volta na Seca. Por esto e porque se pode conseguir a mellor volta da historia del Poio Pescamar será un partido moi emotivo para as de Basanta.

O Rubí FS, que ascendeu este ano a primeira división, está facendo unha moi boa tempada, atopándose no posto número 5 da clasificación con 28 puntos e 9 partidos de 14 gañados e un empatado. As catalanas leváronse os tres puntos en pistas complicadas como a do Universitario de Alicante ou a do Jimbee Roldán FSF.

Basanta contará con toda a plantilla para este partido, difícil para as rojillas, que estarán todas o sábado, pero moi importante, xa que se se gaña este encontro o Poio Pescamar fará a mellor primeira volta da súa historia en Primeira, conseguindo 22 puntos e superando por un os 21 puntos do ano pasado e por tres os 18 do primer ano.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: