Skip to content

Mudegá manifesta o seu apoio ao Calasancias de voleibol pola súa aposta pola normalización da transexualidade ao dotar de ficha a Antía Fernández

Xaneiro 20, 2016

Segundo informa a asociación Mudegá (Mulleres Deportistas Galegas), o club coruñés de voleibol fixo ficha a Antía Fernández, que debutaría o vindeiro domingo ás 12:00 horas no Polideportivo do Colexio Calasancias da Coruña nun partido da Segunda División Sénior Feminina contra o C.V.A.B.

Redacción

Mudegá ven de manifestar a súa “satisfacción e apoio á decisión adoptada polo club Padre Faustino de voleibol (Calasancias), ao facer ficha á deportista transexual Antía Fernández, a cal debutará o domingo 24 de xaneiro no equipo B do club coruñés. Mudegá considera que esta medida é unha forma de normalizar a transexualidade na sociedade e no deporte”.

Contan dende Mudegá que Antía Fernández “é unha transexual que quería practicar deporte e sempre atopaba problemas para fichar por un club pola lexislación existente. Ata que o Club Padre Faustino (Calasancias da Coruña) decidiu dar un paso adiante e permitir a esta muller poder desenvolverse tamén no deporte. O Calasancias presentou a solicitude de ficha para esta deportista ante a Federación Galega e esta foi concedida, polo que Antía poderá cumprir este domingo o seu soño. A deportista galega debutará o domingo 24 de xaneiro (12.00 horas) no Polideportivo do Colexio das Calasancias (A Coruña), no partido Calasancias Coruña B-C.V.A.B. da Segunda División Sénior Feminina”.

Mudegá considera que este feito é “un paso importante adiante na integración social e permitirá darlle normalidade a transexualidade no deporte. Hai que recordar que para dar pasos adiante é necesario ir cambiando as normas, como leva sucedendo ao longo de toda a historia para permitir a participación das mulleres en competicións deportivas”.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: