Skip to content

Poio Pescamar e Envialia Ourense xogarán a semifinal da Copa xunta na Seca o 27 de xaneiro

Xaneiro 19, 2016

O próximo mércores 27 o Poio Pescamar disputará a semifinal de Copa Xunta na Seca ás 20:30 ante o Envialia Ourense, tras terse clasificado como segundo de grupo ao imporse ao Olivo e ao Leis e caer derrotado pola mínima ante o Burela, que pasou como primeiro de grupo gañando todos os partidos.

O mércores saberase cal dos dous equipos pasa á final contra o gañador da outra semifinal, que se disputará entre o Pescados Rubén Burela e o Cidade de As Burgas, e que aínda non ten unha data fixada.

Será unha semana intensa para as de Basanta, que disputarán tres partidos importantes en sete días, e todos eles en casa.

O primeiro este sábado día 22 ante o FS Rubí ás 18:30 na Seca. Este partido pecha a primeira volta da liga para as poienses cjontra o quinto clasificado en liga e recén.

Por último o Poio Pescamar dará comezo a segunda volta da liga o sábado 29 de xaneiro ante o AD Alcorcón FSF, tamén na Seca. Na primeira volta as de Basanta foron derrotadas a domicilio polas madrileñas que agora mesmo ocupan o terceiro posto na clasificación de liga.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: