Skip to content

Dany volta a Burela

Xaneiro 18, 2016

 

A brasileira Daniela Domingos Lopes, Dany (São Paulo, 1984), xa está en España para incorporarse ao CD Burela FS Pescados Rubén, procedente do Clube Atlético Taboão da Serra. A pivote, que xa defendeu a camisola laranxa na tempada do dobrete de Liga e Copa de España 2012-13, estivo arroupada esta tarde na súa presentación polo presidente burelista, Manuel Blanco, e os directivos Alba Vila e José Ángel Dovale. “A chegada de Dany, unha xogadora con determinación e finalización, daralle máis folgos ao equipo para seguir pelexando por todo nesta segunda parte da tempada” declaraba o dirixente mariñán.

Redacción

Presentación de Dany

Presentación de Dany

Dany, que se reatopará co equipo esta tarde no adestramento, baixo as ordes de Lucas, amosouse entusiasmada nesta nova etapa na Mariña. “Volvo coa mesma ilusión ou máis de continuar facendo algo grande con Burela, con moitas ganas de axudar e dar o mellor de min para o equipo; temos tres obxectivos, Copa Galicia, Liga e de novo a Copa de España. Só penso en adestrar, xogar e ir a por todas”, afirmaba cun brillo especial nos seus ollos.

Sao Caetano do Sul foi o destino na súa terra despois da estancia en Burela, co que conseguiu os títulos de campioa nos Jogos Regionais e vicecampioa na Liga Paulista e nos Jogos Abertos. En 2015 trasladouse ao Taboão, que pechou coa medalla de prata nos Jogos Regionais e na Liga Paulista. “Foron tres anos moi bos, aínda que non conseguín os logros de Burela”, valoraba a nova burelista, que volverá lucir o 3 laranxa, nunha liga que seguiu vivindo a miles de quilómetros con “certa envexa” a través das redes sociais. “Non puiden volver antes por motivos académicos, aínda que botaba de menos formar parte dunha liga tan ben organizada e bonita”, explicaba a brasileira, que atopou no Burela e nas súas xogadoras a xustificación perfecta para volver cruzar o charco: “A competitividade do Burela e volver xogar con antigas compañeiras, como Peque, Maite, Jozi ou Bea Mateos, coa que estiven en Valladolid, foron as principais razóns para decidirme”.

Dany xa está ansiosa por revivir a maxia de Vista Alegre.O meu último partido en Vista Alegre sempre será inesquecible, gañamos a liga fronte a Navalcarnero, foi unha sensación marabillosa, cun pavillón cheo, coa xente amosándonos todo o seu agarimo e apoio. Espero que o meu novo debut sexa o antes posible e a poder ser na casa”, concluía a pivote.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: