Skip to content

O Ponteceso FSF resolve o pase á final diante do AD Atletes na segunda metade (9-2)

Xaneiro 17, 2016

O Ponteceso FSF pelexará polo título de campión da I Copa da Costa de fútbol sala feminino logo de superar con solvencia ao AD Atletes de Esteiro.

Redacción

Concello de Ponteceso FSF 9-2 AD Atletes

Concello de Ponteceso FSF 9-2 AD Atletes

Aos vinte segundos de partido, chegaba o primeiro gol do encontro logo de que un centro chut de Carmen sorprendese a Mariña, un tanto que poñía con vantaxe no marcador ao conxunto anfitrión, un equipo que puido aumentar a súa renda dous minutos máis tarde pero a gardameta visitante evitaba que o disparo de Carmen se convertise en gol.

Pouco despois disto, chegaría o gol do empate do Atletes nunha xogada desafortunada para as pontecesanas na que Carla introducía o balón na súa propia portería.

As ocasións seguíanse sucedendo e Carmen, a primeira goleadora desta I Copa da Costa de fútbol sala feminino, seguía buscando o seu dobrete, pero Mariña evitaríao de novo.

Carla logo se repoñería do gol en propia porta e poñería ao seu equipo de novo por diante ao finalizar unha gran xogada combinativa das locais.

Un minuto despois, a piques estivo o Atletes de facer a igualada pero primeiro Melani evitaría con dificultades que o disparo de Bárbara se convertise en gol e no rexeite Antía non acertaría de cara a portería.

Concello de Ponteceso FSF 9-2 AD Atletes

Concello de Ponteceso FSF 9-2 AD Atletes

A partir desta ocasión, o Ponteceso daría un paso á fronte e as ocasións para as rapazas de Curro serían practicamente constantes pero o pau evitaría o gol de Elsa e pouco despois, primeiro o longueiro e logo Mariña evitarían que Martina puxese o 3-1 no marcador, un gol que chegaría a falta de oito para o descanso logo de que Chus sorprendese a Mariña, a mellor xogadora do conxunto esteirán, cun disparo lonxano.

Tras esto, o Ponteceso puido ampliar a súa renda no marcador pero Elsa, Ana, Carmen e Zeltia, esta última en dúas ocasións, foron capaces de superar a unha inmensa Mariña que mantivo ás súas no partido.

Mentres que por parte das esteiranas, Bárbara en tres ocasións e Alba, puideron recurtar distanzas no instantáneo pero ningunha delas puido superar a Melani, polo que se chegaríaco 3-1 ao descanso.

Concello de Ponteceso FSF 9-2 AD Atletes

Concello de Ponteceso FSF 9-2 AD Atletes

Á volta dos vestiarios, Elsa, Martina, Carla e Noa anotarían catro goles en dous minutos e firmarían a sentencia do partido, un encontro que perdiu intensidade logo disto.

A falta de sete minutos para o final, Salomé faría o oitavo gol a pracer para o cadro de Curro logo de aproveitar un rexeite da gardameta visitante tras un man a man con Zeltia.

Pouco despois, Bárbara faría o segundo gol para as súas cun disparo cruzado co que superaría a Isa.

Ana faría o definitivo 9-2 ao transformar un libre directo.

Nos minutos finais, o protagonismo sería para Isa, a porteira pontecesana, que evitaría o gol de Bárbara nun man a man e logo evitaría que Antía e a propia Bárbara fixesen o terceiro das esteiranas, dende o punto de dobre penalti.

 

FICHA TÉCNICA:

CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, Ana, Carla, Carmen e Zeltia (cinco inicial). Taménxogaron: Elsa, Salomé, Chus, Martina, Noa e Isa.

AD ATLETES: Mariña, Sara, Ana, Bárbara e Antía (cinco inicial). Taménxogaron: Marta, Alba, Sandra, Cris.

GOLES: 1-0 m.1: Carmen; 1-1 m.4: Carla en propia porta; 2-1 m.6: Carla; 3-1 m.12: Chus; 4-1 m.23: Elsa (p); 5-1 m.24: Martina; 6-1 m.25: Carla; 7-1 m.25: Noa; 8-1 m.33: Salomé; 8-2 m.34: Bárbara; 9-2 m.35: Ana.

ÁRBITRO: Moreira Fernández (pista) e BarrósNaveira (crono). Estiveron ben.

PAVILLÓN: Municipal de Corme (Corme) con 50 espectadores nas bandadas.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: