Skip to content

O Fisober loitará co Ponteceso FSF pola I Copa da Costa FSF logo de gañar ao Villa de Cee (0-4)

Xaneiro 17, 2016

Un serio Fisobersuperou a un Villa de Cee, que non contou con demasiadas ocasións de gol, nunencontro no que o colexiadotivo un protagonismo innecesario.

Redacción

FSF Villa de Cee 0-4 Fisober FSF

FSF Villa de Cee 0-4 Fisober FSF

Comezou o partido con moita intensidade por ambas partes pero as ocasións brillarían pola súa ausencia.

Nestes primeiros minutos ningún dos dous equipos era quen de facerse co dominio do encontro, ata que no primeiro achegamento de perigo, Fandiño poñía o 0-1 ao transformar un libre directo.

FSF Villa de Cee 0-4 Fisober FSF

FSF Villa de Cee 0-4 Fisober FSF

Tras este gol, o Fisober fíxose co control do partido e Tamara contaría con dúas ocasións casi consecutivas para aumentar a renda no marcador para as súas pero primeiro Carla e logo o pau evitaría o gol da vimiancesa.

Pouco despois, Noe avisaría das súas intencións cun disparo que enviaría Carla a córner.

FSF Villa de Cee 0-4 Fisober FSF

FSF Villa de Cee 0-4 Fisober FSF

Dous minutos máis tarde, Marta introduciría o balón na súa propia porta logo dun centrochut de Fandiño, un tanto que supoñería o 0-2.

Practicamente na seguinte xogada, Andrea contaría coa primeira ocasión para o seu equipo do partido pero o disparo da ceense acabaríao despexando Leti.

FSF Villa de Cee 0-4 Fisober FSF

FSF Villa de Cee 0-4 Fisober FSF

No tramo final deste primeira metade, ambos equipos puideron mover o marcador pero nin Nuria, por parte do Fisober, nin Adriana polo Villa de Cee, serían quen de facer o gol.

Á volta dos vestiarios, Noe sentenciaría o encontro con dous goles nos primeiros cinco minutos da segunda parte.

Tras esto, o partido perdería intensidade debido á vantaxe que tiñan as vimiancesas e a que as ceenses se deixaron ir.

Habería que esperar aos últimos seis minutos de encontro para ver algo de emoción nos cales as ocasións se sucederían para ambos conxuntos pero Serena, María Dumbría, Adriana e Andrea, estas dúas últimas en dúas ocasións, non serían quenes de facer o gol da honra das ceenses e por parte do Fisober, nin Nuria, nin Alejandra serían quen de batir a Vanessa, polo que as rapazas de Fran Pioto se clasificarían para a final tras superar ás súas rivais por 0-4.

FSF Villa de Cee 0-4 Fisober FSF

FSF Villa de Cee 0-4 Fisober FSF

FICHA TÉCNICA:

FSF VILLA DE CEE: Carla, Alba, Adriana, María Dumbría e Andrea (cinco inicial). Taménxogaron: Vanessa, Paula, María Lijó, Marta, Lucía e Serena.

FISOBER FSF: Leti, Ana, Fandiño, Mai e Inés (cinco inicial). Taménxogaron: Noelia, Tamar, Nuria, Ale, Andrea Piroja e Antía.

GOLES: 0-1 m.7: Fandiño; 0-2 m.16: Marta en propia porta; 0-3 m.22: Noe; 0-4 m.25: Noe.

ÁRBITRO: Moreira Fernández (pista) e BarrósNaveira (crono). Non estiveron acertados.

PAVILLÓN: Municipal de Corme (Corme) con 75 espectadores nas bandadas.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: