Skip to content

O Fisober, campión da I Copa da Costa FSF ao vencer 1-3 ao Concello de Ponteceso

Xaneiro 17, 2016

O Fisober FSF de Vimianzo proclamouse campión da I Copa da Costa de fútbol sala feminino logo de vencer na final ao Ponteceso FSF no Pavillón Municipal de Corme ante 250 espectadores.

Redacción

Concello de Ponteceso FSF 1-3 Fisober FSF

Concello de Ponteceso FSF 1-3 Fisober FSF

Ambientazo o que se puido vivir no pavillón municipal de Corme para vivir a primeira final da Copa da Costa de fútbol sala feminino. Ponteceso e Fisober saltaron a pista en busca do primeiro título de campión da Copa da Costa de fútbol sala feminino e fixérono ante uns 250 espectadores que abarrotaron as bancadas do pavillón cormelán.

Concello de Ponteceso FSF 1-3 Fisober FSF

Concello de Ponteceso FSF 1-3 Fisober FSF

Ambas afeccións acudiron cos seus respectivos bombos e fixéronse escoitar nos corenta minutos do partido sen deixar de animar aos seus nin un segundo.

Concello de Ponteceso FSF 1-3 Fisober FSF

Concello de Ponteceso FSF 1-3 Fisober FSF

No que respecta ao futbolístico, a igualdade foi a tónica predominante nos primeiros instantes do encontro a pesares de que ambos conxuntos tiveron ocasións para poñerse por diante.

No primeiro minuto de xogo sería o Ponteceso o que daría o primeiro aviso do encontro logo dun balón á área de Ana que cabeceou Carmen fóra por pouco, ocasión a que respostaría pouco despois o Fisober con dúas oportunidades casi consecutivas pero Melani evitaría con dúas boas intervencións que Ana e Fandiño puxeran por diante ás vimiancesas.

Tras esto, o Fisober fixo o primeiro gol nunha xogada desafortunada na que Elsa introduciría o balón na súa propia portería ao intentar cortar un pase á área.

Concello de Ponteceso FSF 1-3 Fisober FSF

Concello de Ponteceso FSF 1-3 Fisober FSF

A raíz do 0-1, as rapazas de Fran Pioto deron un paso á fronte en busca do 0-2 e contarían con varias ocasións para facelo pero primeiro Melani enviaría a córner un disparo á reviravolta de Inés, logo Tamara finalizaría arriba unha xogada combinativa cando xa se cantaba o gol e un disparo de Mai marcharía fóra rozando o pau da portería pontecesana.

Despois destas ocasións para as visitantes, Noa contaría con dúas ocasións casi consecutivas pero primeiro Leti evitaría o gol ao atallar o disparo da xogadora local e despois o lanzamento da propia Noa marcharíase fóra por pouco.

No tramo final desta primeira metade, o partido convertiríase nun ida e volta con constantes ocasións para ambos equipos pero as gardametas resultarían providenciais para os seus conxuntos. Por parte das pontecesanas, Melani mantería no encontro ás súas ao salvar que Noe e Inés, esta en dúas ocasións, fixesen o segundo para o Fisober mentres que Leti evitaría o empate con dúas grandes intervencións ante Carla e Ana, polo que se iría ao descanso co 0-1 no marcador.

Á volta dos vestiarios, Noe aumentaba a renta das vimiancesas ao materializar unha xogada combinativa.

Tras o segundo gol do Fisober o partido perdiu un pouco de intensidade e as ocasión foron contadas, aínda que Mai puido facer a sentencia pero Melani evitaríao enviando o balón a córner e pouco despois Ana estivo providencial no cruce para evitar o remate de Carmen cando xa se cantaba o gol.

E do posible 1-2 pasaríase ao 0-3 logo de que Fandiño salvase a saída de Melani para marcar a pracer.

Practicamente, tras o saque de centro, Inés puido facer o cuarto pero a gardameta local salvaría o gol no man a man coa xogadora camellana do Fisober.

A clave do encontro chegou a falta de seis minutos para o final, cando unha inmensa Leti salvou cunha gran intervención que Carla recurtase distancias no marcador cando mellor estaba a xogar o conxunto anfitrión.

Os minutos finais foron un quero e non podo do Ponteceso FSF, un digno rival que en ningún momento lle perdiu a cara ao partido, e nin Noa nin Carmen nunha dobre ocasión foron que de meterlle o medo no corpo ás vimiancesas ao non acertar de cara a gol.

Un gol que chegaría a falta dun minuto para o final logo de que Chus superase cun disparo cruzado a unha infranqueable Leti ata ese momento.

Concello de Ponteceso FSF 1-3 Fisober FSF

Concello de Ponteceso FSF 1-3 Fisober FSF

Tras o pitido final, o pavillón cormelán convertiuse nunha gran festa na que a familia do Fisober celebrou o seu título de campión da I Copa da Costa de fútbol sala feminino coa espectacular Peña Marea Nejra, que non deixou de animar ás súas en ningún momento.

Ana Mouzo, capitana do Fisober FSF, sería a encargada de recibir o trofeo de campión de mans de Eva Lema, porteira do Burela e madriña da competición, mentres que Carmen Pérez, capitana do Concello de Ponteceso FSF, recibiría o trofeo de subcampión de mans de Pili Neira.

I Copa da Costa

I Copa da Costa

A Asociación Deportiva Vidú entregaríalle a Eva Lema, madriña da I Copa da Costa de fútbol sala feminino, de mans do seu presidente Martín Varela, unha réplica dos trofeos, todos eles donados por Alfarería Aparicio de Buño.

Ademáis, a A.D. Vidú anunciou a creación da selección da Costa de fútbol sala feminino e dende a ente organizadora intentará que este combinado se enfronte a equipos de Primeira División coma o Burela Pescados Rubén, o Cidade das Burgas, ou o Ourense Envialia, entre outros.

 

FICHA TÉCNICA:

CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, Ana, Sandra, Carmen e Zeltia (cinco inicial). Tamén xogaron: Elsa, Noa, Chus, Martina e Carla.

FISOBER FSF: Leti, Ana, Mai, Noe e Inés (cinco inicial). Tamén xogaron: Fandiño, Andrea Piroja, Tamara, Ale e Antía.

GOLES: 0-1 m.9: Elsa en propia porta; 0-2 m.24: Noe; 0-3 m.31: Fandiño; 1-3 m.39: Chus.

ÁRBITRO: Moreira Fernández (pista) e Barrós Naveira (crono). Estiveron ben.

PAVILLÓN: Municipal de Corme (Corme) con 250 espectadores nas bandadas.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: