Skip to content

Doce xogadoras do Poio Pescamar, convocadas para adestrar con diferentes categorías da Selección Galega

Xaneiro 17, 2016

O traballo do Poio Pescamar coa base obtén recompensa en forma de convocatoria de 12 rapazas do equipo coa Selección Galega en categorías tales como a Sub 17, Sub21 ou a Infantil.

Redacción

SELECCION GALLEGA

O pasado martes as xogadoras rojillas Teresa, Carolina, Marta e Pipi, esta última do primer equipo, foron chamadas pola Selección Galega para o adestramento que se levou a cabo na Estrada, orientado a preparar o Campionato de España Sub17 que se celebrará en Madrid entre o 18 e o 22 de febreiro.

Por outra banda Manolo Codeso, seleccionador galego das seleccións Sub17 e Sub21, volveu a citar ás tres xogadoras do primeiro equipo Ale de Paz, Suki e Moldes para o próximo adestramento da Selección Sub21, que se celebrará o próximo mércores 21 de xaneiro, en Santiago, de cara á fase previa do Campeonato de España Sub21 que se celebrará do 19 ao 21 de febreiro en Almagro.

Por último no día de hoxe outras seis xogadoras rojillas ven recompensado o seu esforzo na convocatoria para un adestramento da Selección Infantil Femenina, que se celebrará en Marín o próximo martes. O seleccionador desta categoría, Lito, chamou ás súas pistas a Laura, Carlota, Nuria Torres, Vicky, Eva Dios e Lucía García.

Con estas son un total de doce rojillas as que se atopan adestrando con algunha selección galega, o que, segundo informan dende o Poio “enorgullece ao clube e anima a tódolos equipos a seguir traballando duro e conseguir recompensas como estas”.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: