Skip to content

O Poio Pescamar lévase os tres puntos en Elche (2-3)

Xaneiro 16, 2016

As rojillas do Poio xogaron en Elche o penúltuimo partido da primeira volta da liga.

Redacción

Unha primeira parte fácil para as poienses, que tiveron moitas ocasións de cara a portería e aguantaron ben os ataques das locais. O primeiro gol chega da man de Yoli no minuto 5, tras unha triangulación das de Basanta.

O segundo gol chega tras unha recuperación do balón de Claudia que consegue o 0-2. Un minuto antes de rematar o primer tempo Charo marca o terceiro das poienses, deixando o partido con unha clara superioridade no descanso.

Empezaba a segunda parte e as locais comezan pronto co xogo de cinco, que lles beneficiou moito e marcaron dous goles consecutivos, os dous no minuto 26, acortando distancias e conseguindo case o empate a pouco de rematar o partido. As rojillas mantiveron ben a defensa, pero sen conseguir ocasións de marcar.

Así finalizaba o partido co marcador en 2-3 e as de Poio conseguen gañar fóra da casa, conseguindo tres puntos que se suman aos 16 que tiñan a semana pasada.

A próxima fin de semana o Poio Pescamar xogará contra o FS Rubí o último partido da primeira volta na casa.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: