Skip to content

O Burela Pescados Rubén imponse cun rotundo 1-6 ao Valdetires Ferrol FSF

Xaneiro 16, 2016

O Burela Pescados Rubén vence con comodidade ao Valdetires Ferrol por 1-6 nun monólogo laranxa de principio a fin.

Redacción

Burela Pescados Rubén

O Valdetires buscou as súas opcións de sorpresa en pecharse e intentar pescar algunha concesión burelesa, pero o conxunto dirixido por Lucas saltou á pista concentrado. O control do xogo burelés derivou en ocasións e Bea Mateos foi a primeira en acertar coa meta defendida por Iria.

Tralo 0-1, o Burela mantivo o acelerador e Claudia tras asistencia de Peque marcou o 0-2. As ferrolanas apenas inquietaban a meta burelesa custodiada por Andrea, algún disparo afastado sen maior perigo.

A renda laranxa aumentou co 0-3 materializado por Peque nunha acción individual e con ese marcador chegouse ao descanso. Na segunda parte o decorado non cambiou, dominio burelés e as ferrolanas capeando o temporal. Gaby protagonizó o 0-4 tras culminar unha estratexia de córner, as mariñás relaxáronse un pouco e Erika aproveitou para recortar distancias (1-4), minuto 26.

O intento de reacción local quedouse en mero espellismo e o Burela Pescados Rubén redondeou a súa vitoria (1-6) cos goles de Claudia e Judith.

FICHA TÉCNICA:
VALDETIRES FERROL: Iria, Lidia, Erika, Shey, Didi -cinco inicial- Alba, Belén.
CD BURELA  FS PESCADOS RUBÉN:
Andrea, Peque, Maite, Bea Mateos, Gaby -cinco inicial- Claudia, Ceci, Judith e Lara.

GOLES: 0-1, m.3, Bea Mateos; 0-2, m.8, Claudia; 0-3, m.14, Peque; 0-4, m.23, Gaby; 1-4, m.26, Erika; 1-5, m.31, Claudia; 1-6, m.39, Judith.
ÁRBITROS: Álvarez Branco, Castro Bermúdez. Colexio lucense.
INCIDENCIAS:
Partido correspondente á 14ª xornada de Primeira División RFEF, disputado no pavillón de Esteiro. 

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: