Skip to content

As rojillas do Poio Pescamar conseguen os tres puntos na Seca diante do FSF Rioja (3-1)

Xaneiro 9, 2016

O Poio Pescamar disputou a 13ª xornada de liga ante o FSF Rioja acadando un triunfo.

Redacción

O partido comezou con Yarie, Jessy, Claudia, Moldes e Charo no campo. Esta primeira parte estivo marcada polo desorden defensivo por parte do equipo rojillo e por un ataque que non creaba perigo na portería rival. O árbitro pita a quinta falta, o que condiciona a defensa das de Basanta, coas riojanas xerando peligro á contra, pero sen chegar a marcar. Chega o descanso á Seca con un 0-0 no marcador.

Na segunda parte notouse un cambio no equipo rojillo, con máis dominio do balón. O primeiro gol chegará a 6 minutos de comezar a segunda parte da man de Jessy. E a 4 minutos deste Claudia marcaría o segundo do Poio.

As riojanas comezaron o xogo de cinco coa porteira xogadora e marcaron un gol a 6 minutos de rematar o partido, facendo bastante dano ás rojillas, pero a falta de 18 segundos Claudia sentencia cun gol que deixa o marcador nun 3-1.

As de Poio conseguen 3 puntos moi importantes que as deixan con 16 puntos na clasificación e volverán ao traballo a semana que vén para preparar o partido contra o Elche CF.

O Poio Pescamar retoma este luns os adestramentos

Trala victoria do sábado ante o FSF Rioja o equipo volta ao traballo este luns para preparar o seguinte enfrontamento contra o FS Elche, a domicilio. As rojillas adestrarán de luns a xoves, xa que o venres viaxarán cara Elche, onde se disputará o partido o sábado ás 18:30.

Esta semana o técnico Basanta non poderá contar con Pipi no adestramento do martes xa que volve a ser citada para un adestramento de preparación do Campeonato de España coa Selección Galega sub17. A este adestramento acudirán tamén as xogadoras do equipo filial Teresa, Marta e Carolina.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: