Presentada en Corme a I Copa da Costa FSF que se disputará o 17 de xaneiro
Celebrouse o acto de presentación da I Copa da Costa de fútbol sala feminino na Oficina Municipal sita na Praza de Avintes de Corme.
Redacción
Esta, ata o de agora, inédita competición foi presentada oficialmente nun acto presidido polo presidente da Asociación Deportiva Vidú, Martín Varela, e o alcalde do Concello de Ponteceso, Lois García Carballido e no cal estiveron presentes varios compoñentes do Fisober FSF, do FSF Villa de Cee e do Concello de Ponteceso FSF.
Martín Varela quixo agradecer as facilidades que puxeron os clubes para facer posible a celebración da I Copa da Costa de fútbol sala feminino e no nome da Asociación Deportiva Vidú esperan que sexa a primeira de moitas, ademáis de deixar claro que esta iniciativa xurdiu co propósito de darlle visibilidade a esta disciplina deportiva.
Pola súa banda, o alcalde quixo agradecer aos equipos a súa participación e destacou a colaboración da Deputación da Coruña que en ningún momento dudou en apoiar esta iniciativa. Ademáis quixo resaltar o traballo que está a facer Marco Varela, concelleiro de deportes do Concello de Ponteceso, para a difusión e a promoción de novas iniciativas como é esta I Copa da Costa de fútbol sala feminino, da cal é un colaborador activo.
En dito acto, tamén se celebrou o sorteo da competición no cal se decidiron os enfrontamentos de semifinais que se disputarán na mañá do vindeiro domingo 17 de xaneiro de 2016 no Pavillón Municipal de Corme. Por unha banda, ás 11.00h o Concello de Ponteceso FSF e o AD Atletes xogaránse un posto na final, mentres que ás 13.00h serán o FSF Villa de Cee e o Fisober FSF os que se enfrontarán para acadar o pase ao partido decisivo.
A gran final que decidirá quen será o primeirocampión da I Copa da Costa de fútbol sala feminino disputaraseás 19.00h no pavillón da vila do Roncudo.