Skip to content

O Academia Red Blue 5 Coruña cae ante Ártabras Fene FSF pola mínima 0-1

Decembro 22, 2015

As de Fene axexan xa a segunda posición da táboa

 

Redacción

Artabras Fene - 5 Coruña a

Ártabras Fene segue coa súa discreta escalada na clasificación sumando de novo 3 puntos tras a vitoria ante Academia Red Blue 5 Coruña FS. Este resultado levántaas á cuarta posición da táboa, a só dous puntos da segundas, o Troula de Betanzos. As de Fene, disputaban a 12ª xornada ante un rival directo nun encontro que, a priori, prevíase moi igualado, tal e como finalmente ocorreu sobre o parquet.

As mozas xogadoras de Fene chegaban a Coruña coa importante baixa de Almu, pero coa mochila chea de ganas de agradar, e ilusión por alcanzar metas máis ambiciosas das previstas .O equipo que tiñan en fronte, o 5 Coruña, viña lanzado de golear ao filial do Valdetires por un contundente  1 a 10. Ademais trátase dun equipo formado por xogadoras veteranas, coas cousas moi claras e  situadas na mesma zona da clasificación que as fenesas. Todo apuntaba a que ía ser unha batalla sen cuartel entre dous equipos de estilos moi diferentes: a ambición das fenesas contra a experiencia das coruñesas.

As fenesas arrincaron cunha defensa en media pista, moi concentradas e serias, subindo a presión e provocando perdas de balón das coruñesas que apenas foron capaces de levar o perigo á portería visitante. Ártabras pola súa banda mostraba un fútbol sala un pouco máis claro e ofensivo, tentando fiar xogadas elaboradas, pero pecando de falta de calidade na definición e toma de decisións na finalización.

Co paso dos minutos, as fenesas ían impoñendo o seu xogo, axudadas polo seu bo estado físico e pola inoportuna lesión dunha das súas rivais, Ana, que deixaba ao Academia con menos efectivos para afrontar o que restaba do partido. Terminou sen movemento no marcador a primeira parte, con todo por decidir na segunda, pero cun Ártabras que cada vez cría máis nas súas posibilidades.

Artabras Fene - 5 Coruña b

Coa continuación, máis do mesmo, un Ártabras un pouco máis ofensivo e lanzado ao ataque que se foi facendo máis grande co paso dos minutos, dirixidas pola súa xogadora máis veterana Cris, que se encargaba de repartir o xogo e con Antía como punta de lanza polo á esquerda. Precisamente foi esta xogadora a que no minuto 6, puxo o 0-1 na marcadora, tras unha patear o balón nunha potente e imparable volea que entraba pola escuadra da portería coruñesa.

A partir de aí, o encontro das fenesas volveuse bastante máis conservador, cedendo o balón ás locais coa confianza que gañaran no seu defensa durante o transcurso do partido. 5 Coruña levou o perigo en diversas ocasións á portería ártabra pero sen conseguir materializar as oportunidades das que dispuxeron. Co 0-1 chegaríase ao final do encontro.

Ártabras Fene FSF colócase con este resultado en cuarta posición, a tres puntos das segundas clasificadas. A próxima xornada, última da primeira volta, disputarase xa no 2016, ante o Ponteceso, partido no cal haberá en xogo algo máis que os puntos, xa que entre o 7º clasificado e o 2º apenas hai diferenza. Un erro pode facer caer ás fenesas varias posicións, ou pola contra, en caso de gañar ao Ponteceso, poderían levantarse á segunda posición.

 

FICHA TÉCNICA

ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA: Elena, Raquel, Ana, Patricia e Katia. Tamén xogaron María Elena, María Encarnación, Daniela e Gema María.

ÁRTABRAS FENE FSF: Antía, Andrea, Cris, Marta e Uxía Vázquez. Tamén xogaron Cintia, Eva e Uxía Saavedra.

GOLES:  0-1: Min 6 (segunda parte), Antía Sabio.

ÁRBITROS: Eduardo Castro Rodríguez, como principal; e Jorge Fernández de Mello, como auxiliar. Sacaron cartón amarelo á xogadora visitante Cintia e á local, María Elena.

INCIDENCIAS: Pavillón polideportivo Sagrada Familia.

 

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: