Skip to content

Marta Brañas, á procura dun cinto histórico

Decembro 4, 2015

Marta Brañas, a Potrilla de Arteixo, volve a ser noticia. Unha vez máis tumba barreiras e supera metas antes impensables. Logo de ser a primeira galega boxeadora profesional, hai pouco acadaba o mérito de ser a cabeza de cartel da primeira velada de boxeo íntegramente protagonizada por féminas en Galicia. Desta volta vai loitar por un cinto histórico. Quere ser a primeira campiona de España de boxeo profesional en categoría feminina.

Silvia Carregal

boxeo

Para conseguilo, a púxil arteixá medirá forzas sobre o ring contra da catalá Maribel de Sousa. Será hoxe, venres 4 de decembro de 2015, no Frontón de Riazor, na Coruña, a partir das 22:00 horas.

Desde que se fixo profesional, Marta Brañas conta todos os seus combates por triunfos e por ko. Xa suma 5-0 na súa cartulina e hoxe conta con acadar a media ducia. Na súa mente está voltar cun currículo impoluto a Estados Unidos para seguir facendo carreira ao outro lado do Atlántico. (Escoita aquí a entrevista que lle fixemos hoxe en Coruña Deportiva – Radio Coruña – Cadena SER).

Da man de Chano Planas Marta Brañas vai sumando retos e botando por terra perxuizos. O papel do seu adestrador, e promotor, ten sido e está sendo crucial na súa traxectoria deportiva. O Planas Box é un pilar fundamenta na súa carreira.

A Potrilla de Arteixo é unha muller a feita a loitar, a esforzarse e a sacrificarse. Estuda (enfermería), traballa (é soldado profesional), e fai deporte ao máis alto nivel. Todo con éxito. Moi competitiva, pero tamén moi noble, a Potrilla non renuncia a nada. Vai meta a meta acadando éxitos e amosando que as mulleres podemos facer máis do que moit@s pensan.

A súa rival nesta cita deportiva co boxeo, Maribel de Sousa, ten un historial longo de combates e, se cadra, a presión está, desta volta, un chico máis no lado da arteixá. Pero iso non bota para atrás á galega.

A primeira loita que tiñan por diante ambas as dúas púxiles era consigo mesmas e contra da báscula, superárona. Logo da pesaxe tanto Maribel como Marta están en peso para subir ao cuadrilátero a pelexar polo primeiro título profesional feminino en categoría mosca.

 

Unha velada con máis combates

A velada conta con outros combates de boxeo tamén interesantes. Por exemplo, van subir ao cuadrilátero púxiles como o bielorruso Valery Yanchy, Moncho ‘La Amenaza’ Mirás, Roi Cubeiro, Adrián ‘El Cazador’ Miraz, Diego ‘O Ferro’ Couceiro e Saúl Gacío. Un cartel completo e interesante.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: