Skip to content

O líder, Vila de Cee, pide a hora ante o Ártabras Fene aínda que vence 3-4

Novembro 18, 2015

As de Fene puxeron en apertos a un Vila de Cee nervioso no 5 para 4

Redacción

Ártabras Fene vs Vila de Cee

Ártabras Fene vs Vila de Cee

Ártabras Fene FSF non foi capaz de derrotar ao Vila de Cee na mañá do pasado domingo, no partido correspondente á sétima xornada da liga Provincial Senior Feminina da Coruña.

Mavi Vieira comezou o partido con Almu na portería, Antía como peche, Andre e Cris polas bandas e Marta de pivot.

O peso do encontro levárono en todo momento as xogadoras fenesas, aínda que foron as de Cee as que souberon aproveitar con maior efectividade as escasas oportunidades que tiveron.  Tres saídas á contra tras clamorosos erros no pase e un erro de colocación na barreira foron determinantes para decantar a balanza ao lado visitante.

Ao termo da primeira parte retiráronse os equipos cun 1-2 no marcador favorable ás visitantes e a sensación de que calquera cousa podía ocorrer na segunda parte.

Ártabras Fene vs Vila de Cee

Ártabras Fene vs Vila de Cee

Na continuación as de Cee puxeron terra polo medio con Ártabras, quen tras ver que se lles escapaba un partido que tiñan ao alcance, decidían sacar porteiro xogador a falta de 5 minutos. Un Vila de Cee nervioso co 5 para 4, foi capaz de sacar partido a un par de pases mal executados, poñendo o marcador en 1-4 ao seu favor. As de Fene, lonxe de renderse puxeron toda a carne no asador, e nun par de minutos lograron remontar o marcador a un 3-4, ante unha desbordado Vila de Cee que acabou pedindo a hora.

Tras esta xornada, Ártabras continúa na parte media-baixa da clasificación con 9 puntos. Na próxima xornada enfrontarase ao Troula de Betanzos, ás 17:00 horas no Municipal de Betanzos.

 

FICHA TÉCNICA:

ÁRTABRAS FENE FSF: Almu, Andrea, Antía, Marta y Cris. También jugaron Eva, Uxía Vázquez, y Cintia.

VILLA DE CEE: Adriana, Andrea, María, Carla y Alba. También jugaron Marta, María y Paula.

GOLES:  0-1, min 15, Adriana; 1-1, min 17, Antía; 1-2, min 19, Andrea; 1-3, min 38, María; 1-4, min 38, Adriana; 2-4, min 39, Antía; 3-4, min 39, Antía.

INCIDENCIAS: Pavillón polideportivo municipal A Xunqueira de San Valentín (Fene).

ÁRBITROS:  José J. Romaus Carpente como árbitro principal e Juan Mora J. Ramón como auxiliar.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: