Skip to content

España, repleta de galegas, prepara en Madrid seu concurso no VI Mundial de Fútbol Sala Feminino de Guatemala

Novembro 13, 2015

A Selección Absoluta Española de fútbol sala feminino está concentrada dende o pasado luns en Madrid preparando o seu concurso no VI Torneo Mundial que se vai xogar do 23 ao 29 de novembro en Guatemala.

Silvia Carregal

Bandera de España

A seleccionadora, Alicia Morell, xa preparou concentracións en agosto e outubro, mes no que ademais España xogou dous amigables contra Hungría. As españolas gañaron os dous partidos, o primeiro por un tanteo de 6-0 e segundo por 8-1.

Este será o sexto Mundial para España que participou no torneo dende a súa creación sen interrupción. De feito acolleuno no 2012 e 2014. O campión foi sempre Brasil, que polo tanto é  pentacampiona. España ten sido subcampiona en 2011 e 2013 e foi terceira tamén en dúas ocasións.

O combinado español vai competir encadrado no Grupo B con Guatemala, Rusia e Japón. No Grupo A Brasil competirá con Portugal (actual subcampión), Costa Rica e Irán.

A representación galega ascende a sete futbolistas nun combinado de 14. É dicir, a metade das xogadoras ou son galegas ou xogan en equipos galegos.

A representación galaica confórmana en concreto as porteiras Vane, do Ourense Envialia, e Ana López do Cidade As Burgas; a peche Iria Saeta, do Cidade As Burgas; e o ala Peque, do Burela FS Pescados Rubén; o ala-pívot do Valdetires Erika González e as pívots Vane Sotelo do Cidade As Burgas e a coruñesa Rebeca Hermida do Inebrya Lupe que milita no Calcio A 5 italiano. A porteira do Ourense Envialia Vane e o ala Peque do Burela non son galegas. Así que a representación  cento por cento irmandiña sería de cinco rapazas.

En Coruña Deportiva, de Radio CoruñaCadena SER, falamos coa cabanesa Erika González (Valdetires), para saber como está a ser o traballo na concentración ás ordes de Morell no que será o seu primeiro Mundial.

España debutará o martes 24 diante de Rusia. O seu segundo cruce será diante de Japón e logo xogará coa anfitriona, Guatemala. Superada a fase de liguilla (todos contra todos) os dous primeiros clasificados cruzaranse nas semifinais o sábado 28. A final será o domingo 29. As selección española vai con todas as aspiracións posibles.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: