Skip to content

Vitoria para o Ártabras Fene nun partido moi serio e ordenado diante do Santiago FutSal A Gaiola

Novembro 11, 2015

O Ártabras Fene chegaba a Compostela o pasado sábado para enfrontarse ao Santiago Futsal A Gaiola nun encontro pertencente á 6ª xornada da liga Provincial Feminina da Coruña. As compostelás chegaban ao encontro situadas por encima das de Fene na clasificación, con numerosas baixas que facían presaxiar que o partido non lles ía a resultar fácil. Ártabras pola súa banda viña de sufrir unha dolorosa derrota, non polo resultado pero si polo xogo, ante o Grupo Work da Coruña.

Redacción

Ártabras Fene Cristina Fernández

Ártabras Fene Cristina Fernández

Comezou o encontro ao redor das 17:00 horas e non pasara nin un minuto cando unha efectiva Uxía Vázquez roubaba un balón en media pista e finalizaba con gran efectividade ante a portería local. Non tardaron as locais en empatar o encontro ante o Ártabras que lonxe de perder o ánimo sacou a caste que lle faltaba noutros encontros para volver poñerse por diante en dúas ocasións consecutivas con goles de novo de Uxía e Cris. Case ao termo da primeira parte as locais lograron asestar un mazazo ás fenesas cun gol ao bordo do descanso. Os dous equipos retiráronse cun 2-3 favorable ao visitantes pero co ánimo máis alto nas filas locais.

Antía Sabio conduce o balón con Uxía Saavedra ao fondo

Antía Sabio conduce o balón con Uxía Saavedra ao fondo durante un partido co Grupo Work

O vestiario das xogadoras fenesas recompúxose no descanso e nada máis dar comezo a segunda parte Antía volvía poñer unha ampla diferenza de 2 goles no marcador. As xogadoras locais non lle perderon a cara en ningún momento ao partido, xerando ocasión tras ocasión que unha e outra vez eran desmanteladas polo bo facer de Almu, a porteira fenesa.

 

Ártabras Fene

Ártabras Fene vs Grupo Work

Case ao termo do encontro Fátima por segunda vez na súa marcadora particular conseguía un bonito gol que deixaría o marcador no definitivo 3-5 a favor de Ártabras Fene.

 

O vindeiro domingo Ártabras Fene recibe ao líder, o Vila de Cee ás 12:00 horas no pavillón municipal da Xunqueira, en Fene.

 

FICHA TÉCNICA:

SANTIAGO FUTSAL A GAIOLA: Mª Jesús, Fátima, Marta, Dahiana Paola y Mar. Tamén xogaron Patricia, Esther, Laura, Lorena, Yolanda e Beatriz.

ÁRTABRAS FENE FSF: Almu, Andrea, Antía, Uxía Vázquez e Cris. Tamén xogaron Marta, Cintia, Uxía Saavedra e Laura.

GOLES:  0-1, min 1, Uxía V; 1-1, min 2, Marta; 1-2, min 10 Uxía; 1-3, min 12 Cris; 2-3, min 20, Fátima; 2-4, min 2 Antía; 2-5, min 15, Cris; 3-5, min 17, Fátima

INCIDENCIAS: Pavillón polideportivo municipal do Restollal, Santiago de Compostela.

ÁRBITROS: Roberto Míguez Cea como principal e Rita López Calvo como auxiliar. Castigaron con cartón amarelo a Laura Benítez Pampín.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: