Skip to content

O Poio aporta 5 futbolistas á Selección Galega sub17 e 3 á sub21 FutSal

Novembro 9, 2015

Manolo Codeso, seleccionador galego de fútbol sala convocou para a categoría sub 17 a cinco rapazas do Poio Pescamar e na sub 21 outras tres.

Redacción

SUB17 POIO

Con motivo do campionato de España que se celebrará en xaneiro, Codeso fixo pública a lista de xogadoras seleccionadas para o próximo adestramento. Na convocatoria figuran Laura del Rosario (Pipi), Teresa Abelleira, Marta Gago, Carolina Agulla e Laura Lago foron do Poio Pescamar.

Estas xogadoras son componentes da base do Poio Pescamar e que habitualmente compaxinan liga autonómica con adestramentos co primer equipo. O adestramento de cara ao campionato de España se celebrará o próximo martes día 10 de novembro ás 19:45 en O Pino.

Dende o clube recíbese esta chamada “como un premio ao traballo diario das xogadoras e supón un motivo máis para seguir traballando, crecendo e disfrutando do fútbol sala”.

Tres xogadoras na Selección Galega sub 21

sub21 POIOTamén Manolo Codeso fixo pública a listaxe de xogadoras que acudirán ao primeiro adestramento da Irmandiña sub21. O Poio Pescamar conta con tres xogadoras desta listaxe: Ale de Paz, Sara Crespo (Suki) e Nerea Moldes. As tres xogadoras pertencen á plantilla do primer equipo e xogan minutos en primeira división.

As rojillas acudirán a un adestramento que terá lugar en O Pino dentro de dúas semanas, o martes 17 de novembro, ás oito menos cuarto. Dende o Poio apuntan que: “estas tres rojillas ven recompensado o seu traballo ao longo da tempada e continuarán traballando tanto nos adestramentos do clube como nos de Selección Galega no caso de quedar”.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: