Skip to content

Sofía Toro e Laura Sarasola, rumbo a Río 2016 e diante un reto maiúsculo ao competir unha clase nova para elas

Novembro 6, 2015

O 11 de agosto de 2012 Sofía Toro acadaba o campionato olímpico de Match Race en Londres co Xiquitas Team xunto a: Echegoyen e Pumariega. Pero o seu éxito xuntas tiña data de caducidade. Sabían que en Río o barco no que competían no tiña sitio.

Silvia Carregal

Sofía Toro - Coruña Deportiva - Cadena SER

Sofía Toro – Coruña Deportiva – Cadena SER

A coruñesa Sofía Toro decidiuse polo 470 pero precisaba unha tripulante para o seu novo reto. A primeira que tivo, lesionouse. Na ecuación apareceu entón o nome doutra herculina, Laura Sarasola, que regateaba en clase Radial. Non se coñecían pero alguén na Federación Galega pensou que podían facer bo equipo. Probaron, e ate agora.

Xuntas buscan un oco nos xogos de Río  2016, pero se a cousa non se dera, son novas abondo para pensar en Tokio 2020.

O seu 470 chámase A Coruña 2015. No último Mundial quedaron ás portas da final na que participaban os 10 mellores. Foron decimocuartas.

Aínda que teiman en acadar ese billete para Brasil, a cousa non é en absoluto doada. O cambio foi rotundo para ambas.

Antes Laura navegaba nun barco individual e tremaba do timón e da vela. Agora vai pendurada do trapecio e controla o foque (a vela de diante).

Sofía, que antes era tripulante, agora é timonel e encárgase ao tempo da vela maior. Pasou dun barco de tres a un de dous.

Quen pense que por ser ouro en Londres debería ter moito camiño andado, trabúcase. O reto é maiúsculo.

 

Supón tanto cambio mudar de barco?

Os cambios dunha clase a outra son similares a se un xogador de fútbol se pasase ao fútbol praia. Si, hai balón. É redondo, e haino que meter nunha portería dándolle co pé. Pero nin a técnica, ni a táctica, ni a superficie, nin o número de compañeiros son os mesmos. Así que a cousa cambia…

No caso de Sofía mudou incluso o modo de competir. En Match Race compítese barco contra barco. Nas regatas nas que navegan agora, os barcos afrontan á par os recorridos, van tomando boias e chegan á meta. Afróntase o trazados varias veces, en diferentes xornadas, polo que os ventos e as condicións de navegación mudan. Ao final elíxense os mellores resultados de cada barco e faise unha clasificación.

Por decilo de novo con símiles futbolísticos, antes xogaban Copa e agora xogan Liga.

Falamos con Sofía Toro en Coruña Deportiva na Cadena SER de como está a ser a súa rutina de adestramento, das posibilidades que teñen de chegar a Río, e incluso das características físicas e técnicas que precisa cada regatista neste novo barco.

Escoita o programa aquí: http://www.ivoox.com/coruna-deportiva-06-11-2015-audios-mp3_rf_9295610_1.html 

 

 

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: