Skip to content

Ártabras Fene FSF cae por un contundente 1-5 frente al Grupo Work

Novembro 2, 2015

  • Las de Fene pagan su poca contundencia cara a puerta.

Redacción

Ártabras Fene FSF vs Grupo Work

Ártabras Fene FSF vs Grupo Work

Ártabras Fene e Grupo Work enfrontáronse na mañá do domingo de Todos os Santos no Pavillón Municipal A Xunqueira de San Valentín, no encontro correspondente á 5ª xornada de Liga Provincial da Coruña.

Tras a derrota da semana anterior ante a SD A Baña, as de Fene afrontaron este encontro coa vontade de ofrecer á súa afección unha vitoria e resarcirse así do mal sabor de boca coa que finalizaran a 4ª xornada.

Durante a primeira metade as fenesas expuxeron unha defensa en media cancha, tentando ir subindo a defensa e aumentando a presión contra o rival. Esta formulación daba os seus froitos en forma de varias claras ocasións de gol pero as Fene mostraban unha e outra vez unhas preocupantes benevolencia, en ocasións, e ineficacia, noutras.

O Grupo Work pola súa banda encargáronse de demostrar todo o contrario, cun 100% de efectividade, dúas ocasións xeradas, dous goles conseguidos. As fenesas retiráronse ao vestiario cun 0-2 en contra e a sensación de poder facer algo máis.

Comezou a segunda parte cun equipo fenés presionando ao Work nunha defensa alta, con ilusión e enerxías renovadas tras o descanso. Este ímpeto viuse rapidamente tranquilizado polo terceiro e cuarto gol das coruñesas, que se vían no minuto 4 da segunda parte cun 0-4 a favor.

Ártabras Fene FSF vs Grupo Work

Ártabras Fene FSF vs Grupo Work

Con todo perdido e pouco máis que perder, as de Fene sacaron porteiro-xogador, con Andrea como protagonista. Aumentaron as ocasións das fenesas e a sensación de perigo ante a portería do Work. As de Fene lograron o gol da honra grazas a un disparo afastado de Cris, que conseguía perforar a portería visitante, deixando asomar un pequeno fume do lume da esperanza na remontada que rapidamente foi apagado polo quinto gol das coruñesas.

O resultado final foi de 1-5 para o Work e a sensación nas fenesas de que non están a render ao nivel que se esperaba delas.
Tras 5 xornadas disputadas Ártabras Fene Fsf, segue na zona media da clasificación, na oitava posición con 6 puntos, froito das súas vitorias ante Carnota Lira e Pontedeume Fs.

Na próxima xornada desprázanse á capital de Galicia, para enfrontarse ao Santiago Futsal A Gaiola. As xogadoras santiaguesas, están situadas na sexta posición, con 3 puntos máis que as de Fene e un encontro máis disputado.

 

Ártabras Fene FSF vs Grupo Work

Ártabras Fene FSF vs Grupo Work

FICHA TÉCNICA:

 

ÁRTABRAS FENE FSF: Almu, Andrea, Antía, Uxía Vázquez e Cris. Tamén xogaron Marta, Eva, Uxía e Laura.

GRUPO WORK: Bea, Alba C, Sandra, Ana e Nuria. Tamén xogaron Alba T., Mónica, Cristina, *Regina, Ana B e Laura.

GOLES: 1ª Parte: 0-1, min 6, Alba Tabio; 0-2, min 19, Regina. 2ª Parte: 0-3, min 2, Ana B; 0-4, min 4, Alba Tabio; 1-4, min 16 , Cris; 1-5, min 18, Nuria.

INCIDENCIAS: Partido xogado o domingo 1 de novembro de 2015 ás 12:00 horas  no Pavillón polideportivo municipal A Xunqueira de San Valentín (Fene).

ÁRBITROS: Alejandra Bujía Piñeiro, como árbitro principal e J. Francisco Prados Caamaño como auxiliar.

 

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: