Skip to content

Ártabras Fene FSF saca petróleo dun único gol

Outubro 20, 2015

 

Ártabras Fene derrotou o pasado domingo ao Concello de Carnota Lira por 1-0 no seu primeiro partido da tempada 2015-2016 como local.

Redacción

artabras carnota lira 1

Ártabras Fene Fsf celebrou a súa presentación como local na terceira xornada da Liga Provincial 2015-2016 ofrecendo á súa afección unha nova vitoria, esta vez fronte ao Concello de Carnota Lira e por un curto 1-0.

As xogadoras de Fene controlaron o partido ao longo dos 40 minutos, sen apenas inquietarse ante os tímidos intentos do Carnota de perforar a portería defendida por Almu. As de Lira foron durante boa parte do encontro a remolque das xogadoras de Fene, que tiveron múltiples ocasións de gol ao longo dos 40 minutos aínda que soamente foron capaces de levar o balón ao fondo da rede nunha única ocasión, foi no minuto 5 tras unha bonita xogada combinativa que culminou Antía ao segundo pau.

Durante a segunda parte o equipo capitaneado por Almu subiu a presión metendo ao Carnota contra as cordas, preto da súa área pero sen lograr marcar un segundo tanto que daría tranquilidade ás locais.

artabras carnota lira 2

Nos últimos instantes, as xogadoras visitantes tentaron sen éxito conseguir o empate con tímidos ataques que en ningún momento lograron inquietar a portería fenesa. O encontro terminou co mesmo resultado da primeira parte: 1-0 para Ártabras Fene, que se facía así cos tres puntos en xogo.

Tras esta xornada, o Fene colócase na sexta posición da táboa clasificatoria con 6 puntos.

Na próxima xornada Ártabras viaxará á Baña, ao pavillón municipal de San Vicente para medirse á S.D., equipo situado na sétima posición, xusto por baixo das fenesas.

 

artabras carnota lira 3

FICHA TÉCNICA:

ÁRTABRAS FENE FSF: Almu, Andrea, Antía, Cris e Marta. Tamén xogaron Cintia, Uxía V, Uxía S, Laura e Eva.

CONCELLO DE CARNOTA LIRA: Lía, Inés, Alba, Martina e María S. Tamén xogaron Uxía, Laura e María T.

INCIDENCIAS: A Xunqueira de San Valentín (Fene).

ÁRBITROS: Daniel González Araujo como principal e Santiago Pena Loureiro como auxiliar.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: