Skip to content

O Poio Pescamar continua invicto na casa logo de gañar ao CD Orvina Lacturale Garpea

Outubro 19, 2015

Comezou o partido con Yarie, Pipi, Elena, Jenny e Yoli como quinteto inicial. Houbo un primeiro gol moi rápido do CD Orvina Lacturale Garpea, a un minuto e medio de comezar. Ese foi o arranque do partido e a inaguración da portería local. Este gol descolocou ao equipo vermello que xogou un principio da primeira parte algo acelerado, pero mantendo unha boa defensa e buscando constantemente disparos a porta.

Redacción

_MG_6425

Foi difícil para o equipo de Basanta marcar o primeiro gol, ante un rival duro e cunha forma física moi boa. Ao cabo, o tanto chegou. As tablas víronse no marcador a nove minutos de rematar a primeira metade. O gol foi obra de Claudia.

As navarras presionaron durante toda a primeira parte, pero o Poio Pescamar foi quen de superar esta presión e manterse no partido. A tres minutos e medio para chegar ao descanso o equipo vermello remontaría con un gol de Jenny co que conseguiron a superioridade no marcador.

Durante a segunda parte as navarras continuaron presionando arriba, pero o tercer gol do Poio Pescamar non tardou en chegar. Tras un disparo de Suki, que a porteira do CD Orvina parou, un rechace de Claudia de cabeza terminaría sendo o tercer gol das poienses e o segundo da xogadora no partido, a oito minutos de comezar a segunda parte.

Con unha defensa dura nesta segunda metade do encontro o equipo de Basanta marcou un cuarto un quinto e ata un sexto gol na Seca. O cuarto, da capitana 4 minutos despois do remate de Claudia.

A cinco minutos do final as navarras comezan a xogar con porteira-xogadora, momento que o Poio Pescamar aproveitou para marcar o quinto, con un tiro de Jenny dende a súa portería. Finalmente foi Yoli quen sentenciou o partido con un gol sobre a bocina. Fíxoo tamén aproveitando a ausencia da porteira e dende o outro lado do campo.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: