Skip to content

O CD Burela Pescados Rubén busca puntuar na cancha do Majadahonda FSF

Outubro 17, 2015

A quinta xornada de Primeira RFEF leva hoxe o CD Burela FS Pescados Rubén á pista do Majadahonda FSF Afar4. Alí medirán forzas na cancha de La Granadilla a partir das 20.00 horas.

Redacción

Lucas poderá dispoñer de todo o vestiario laranxa a excepción de Emma e Judith, coma na xornada pasada, por lesión.

A undécima praza das de Madrid (con 4 puntos) poñerá a proba o coliderado laranxa (12 puntos). Tal e como apuntaba Lara Balseiro, as laranxas teñen que facer “un partido moi completo para gañar. É unha pista moi complicada; o ano pasado conseguimos empatar ao final e case deixamos a liga alí”. A xogadora burelense fuxía así de papel de favoritas, despois de congraciarse co gol diante do Poio Pescamar por partida dobre.

A moza viveirense, unha das incondicionais do cadro burelista, deixou claro que os seus problemas físicos arrastrados desde a tempada pasada xa quedan lonxe. “Estou moi contenta; xa podo adestrar con normalidade e axudar as miñas compañeiras. O sábado volvín e todo saíu redondo; axudei con dous goles e sumamos tres puntos para seguir traballando con ganas e ir paso a paso”, explicaba a 10 burelista.

Lara amosouse moi ilusionada co grande inicio do equipo, pero tamén cauta co longo percorrido que queda por diante. “A liga vai ser moi complicada; o Atlético está intratable, goleando. Nós debemos facer o noso traballo partido a partido”, apuntou.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: