Skip to content

Ártabras Fene Fsf enfrontase ao Concello de Carnota Lira

Outubro 17, 2015

O equipo fenés volverá á competición provincial o domingo, tras a xornada de descanso, ás 12:00 horas no Pavillón Polideportivo Municipal da Xunqueira. Con este cruce presentarase diante da súa afección. Será contra o Concello de Carnota Lira.

Redacción

Andrea Sabio, Ártabras Fene

Andrea Sabio, Ártabras Fene

Ártabras Fene comeza a competición de Liga Provincial como local enfrontándose ao Concello de Carnota Lira no seu pavillón de xogo habitual, A Xunqueira de San Valentín. Este encontro disputarase o vindeiro ás 12:00 horas, estreando con iso o novo horario escollido polas fenesas para os seus encontros como local. A entrada, como sempre, será libre e gratuíta.

O rival de Ártabras, o Concello de Carnota Lira atópase clasificado actualmente na 5ª posición, dous postos por encima das fenesas, que ocupan a sétima posición empatadas a puntos aínda que cun partido menos. O Carnota disputou ata agora dous encontros, con sorte dispar: unha derrota ante o Ponteceso e unha vitoria fronte ao Fs Pontedeume/Valdetires.

As pupilas de Mavi Vieira tras derrotar ao Pontedeume por 13-0, tiveron dúas semanas para preparar este importante encontro de presentación, aínda que non traballaron con todos os efectivos ao 100%, xa que se atoparon con numerosas baixas por enfermidade, entre elas as de Laura Maldonado e Uxía Saavedra, dúas das novas incorporacións do club fenés.

O desta fin de semana prevese como un encontro moi disputado entre dous equipos chamados a estar na parte media-alta da clasificación. O conxunto fenés espera ofrecer un bo partido e un bo resultado ao seu público, que lle axude a ir sumando puntos e a manterse nas primeiras posicións dunha táboa que vai comandada polo Santiago Futsal A Gaiola.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: