Skip to content

O Fisiomás Zalaeta arrinca a súa competición no Grupo A da Superliga Femenina 2 contra La Curtidora

Outubro 16, 2015

  • Na SF2 a competición arrincou a pasada semana, pero pertencer a un grupo impar supuxo unha vantaxe para as coruñesas do Fisiomás Zalaeta que tiveron unha semana máis para prepararse e poideron ver, dende a distancia, cómo foi o arranque de temporada do resto de equipos do Grupo A no que compiten. 
  • Mañá sábado, a partir das 19:00 horas, xogarán no Polideportivo do Barrio das Flores da Coruña contra o Planeta Palombina La Curtidora.

Silvia Carregal

Os dous equipos buscan a súa primeira victoria na competición, dado que as asturianas caeron derrotadas na xornada inaugural diante do CV Torrelavega.

O Fisiomás Zalaeta está dentro do Grupo A da SF2. E dicir, militan na segunda categoría do volei español que ten dous grupos. En cada un deles xogarase una liga de todos contra todos a dobre volta. Os dous primeiros de cada grupo accederán á final. E serán tamén eses equipos tamén os que participen na Copa Princesa. Logo os catro elexidos disputarán unha nova liga sen herdar puntos, e dicir, partirán de cero como se toda a traxectoria competitiva anterior non existise, á procura dunha das dúas primeiras prazas que dan acceso ao ascenso de categoría.

O descenso será directo e corresponderá aos últimos clasificados dos grupos A e B.

Ao frente do equipo está o técnico Jorge Barrero.

No grupo A están tamén o Emevé de Lugo, o Xuvenil de Teis, ademais do CV Torrelavega, CAEP Soria, o Cuesta Piedra de Santa Cruz de Tenerife, o CD Universidad de Valladolid, Planeta Palombina La Curtidora e o R.G.C. Covadonga.

Cinco cruces de pretempada

En total as do instituto xogaron cinco partidos de pretempada. O primeiro foi diante do RGC Covandonga en Gijón cun resultado de 3-2 para as locais. Empezaron gañando as coruñesas 22-25, que cederon nos dous seguintes sets diante das locais (25-18 e 25-21), empataron o partido no cuarto (20-25) e no tie break o partido foi para as asturianas (15-10).

O seguinte compromiso de preparación foi participar no torneo de Valladolid. Alí gañaron ao Emevé de Lugo e tamén ao Valladolid en proclamándose campionas. Tomaron parte tamén no torneo de Avilés, pero alí caeron en semifinais diante do Torrelavega e gañaron o terceiro posto diante do  Universidad de León.

O último dos compromisos de pretempada foi a devolución da visita por parte do Covadonga que volveu a gañar ás herculinas por 2-3.

A plantilla do Fisiomás Zalaeta está composta por as 15 xogadoras que recolle este cuadro que publica o clube na súa web.

CV Zalaeta

CV Zalaeta

 

 

Xúntase rapazas mozas e veteranas. A idea é que as que contan con máis experiencia poidan amosar ás máis cativas os segredos do volei que aportan máis minutos de xogo sobre a cancha. O Fisiomás Zalaeta posiblemente viva este ano unha tempada de transición na que semente para o futuro.

Sobre as arelas para esta campaña, os rivais e a competición, falou no programa Coruña Deportiva de Radio Coruña (Cadena SER) o adestrador Jorge Barrero. Podedes escoitar a entrevista nesta ligazón: Coruña Deportiva 16/10/15.

 

O Emevé descansa e o Xuvenil Teis visita ao Covadonga

Polo que atinxe ao resto dos conxuntos galegos, ao Emevé, actual líder e descendido este ano, tócalle descansar esta xornada. As lucenses renovaron totalmente o equipo. Posiblemente  Torrelavega e Soria tentarán conquerir o liderado que agora teñe o Emevé. Pola súa banda o Xuvenil Teis vai xogar co RGC Covadonga.

 

XORNADA ACTUAL

  • Cuesta Piedra Santa Cruz – C.V. Torrelavega
  • Fisomás Zalaeta – Planeta Palombina La Curtidora
  • Emevé – descansa
  • R.G.C. Covadonga – Xuvenil Teis
  • C.D. Universidad de Valladolid – CAEP Soria

CLASIFICACIÓN

Equipo                                                    Ptos    J        G3    G2    P1        P0    PS        SF        SC    PF    PC

Emevé                                                    3          1       1       0       0          0       0          3          0       75    53

C.V. Torrelavega                                 3          1       1       0       0          0       0          3          1       89    78

CAEP Soria                                            3          1       1       0       0          0       0          3          1       99    87

Cuesta Piedra Santa Cruz                2          1       0       1       0          0       0          3          2       101  99

C.D. Universidad de Valladolid     1          1       0       0       1          0       0          2          3       99    101

R.G.C. Covadonga                              0          1       0       0       0          1       0          1          3       87    99

Planeta Palombina La Curtidora   0          1       0       0       0          1       0          1          3       78    89

Xuvenil Teis                                          0          1       0       0       0          1       0          0          3       53    75

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: