Skip to content

O derbi entre o Burela Pescados Rubén e o Poio Pescamar foi para as da Mariña (5-3)

Outubro 11, 2015

O Burela Pescados Rubén impúxose no derbi galego de fútbol sala feminino ante Poio Pescamar por 5-3 nun partido que mantivo a emoción ata o final a pesar do dominio laranxa. O Poio arriscou no tramo final do encontro optando polo xogo de cinco.

Redacción

Burela vs Poio / MANUEL GIL

Burela vs Poio / MANUEL GIL

O duelo comezou cun Burela dominador que apenas deixaba respirar á escuadra pontevedresa pero unha xogada afortunada permitiu ao Poio Pescamar adiantarse no marcador (0-1), minuto 6.

A pesar do resultado adverso as mariñás persistiron na súa idea de xogo e voltearon o marcador con goles de Gaby (1-1), nunha contra guiada por Ceci, e Lara (2-1) que bateu con determinación a meta defendida por Irene.

Co 2-1 chegouse ao descanso e nos inicios da segunda parte chegou o 2-2, obra de Yoli, dando paso a uns minutos de igualdade no xogo. O Burela non atopaba espazos ante a boa defensa pontevedresa ata que Peque coa súa garra habitual perseguiu un balón para asistir a Lara que establecía o 3-2 de cabeza, minuto 26.

O tanto tranquilizou ás locais que aumentaron a súa renda (4-2) por mediación de Peque e o Burela Pescados Rubén puido sentenciar definitivamente pero perdoou en exceso.

Na recta final o Poio apostou polo xogo de cinco e Jessi recortou distancias (4-3) levando a emoción a Vista Alegre.

No último minuto Peque disipou calquera dúbida marcando o definitivo 5-3 para adxudicarse o derbi galego e contar as xornadas por triunfos.

Gol de Lara no Burela vs Poio / MANUEL GIL

Gol de Lara no Burela vs Poio / MANUEL GIL

FICHA TÉCNICA

CD BURELA FS PESCADOS RUBÉN: Jozi, Peque, Ceci, Bea Mateos, Shio –cinco inicial- Maite, Gaby, Lara, Andrea,

POIO PESCAMAR: Irene, Yenni, Charo, Claudia, Nere –cinco inicial- Yoli, Jessi, Ale de Paz, Suki,

GOLES: 0-1, m.6, Claudia (p.p); 1-1, m.9, Gaby; 2-1, m.12, Lara; 2-2, m.21, Yoli; 3-2, m.26, Lara; 4-2, m.31; 4-3, m.36, Peque; 5-3, m.40, Peque.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á cuarta xornada de Primeira División RFEF, disputado en Vista Alegre. 500 espectadores.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: