Skip to content

Velada de boxeo histórica na Coruña que acolle un Terra de Loitadoras íntegramente feminino

Outubro 9, 2015

  • Hoxe o frontón de Riazor na Coruña, a partir das dez e media da noite, vai acoller o I Trofeo ‘Espíritu de María Pita’, unha nova velada da serie Galicia Terra de Loitadores que desta volta será Galicia Terra de Loitadoras.
  • Trátase da primeira velada de boxeo íntegramente feminina en España.

Silvia Carregal

Marta Brañas e Chano Planas ao final dun combate en Arteixo / SABELA MOSCOSO

Marta Brañas e Chano Planas ao final dun combate en Arteixo / SABELA MOSCOSO

O enfrontamento que vai á cabeza do cartel é o combate profesional  entre a galega Marta Brañas (a Potrilla de Arteixo) contra a marroquí residente en Málaga Aoutif Al Kallachi. O combate será a seis asaltos.

Esta rival mediu forzas con Katherine Quintana, última a en baterse contra Marta Brañas. Aoutif Al Kallachi venceulle a Katherine Quintana no segundo asalto por KO. Polo tanto, sobre do papel, a marroquí debera ser unha rival máis potente que a última á que venceu Brañas por KO técnico.

A Potrilla quere sumar un nocaut máis e, sobre todo, poñer o seu taboleiro de triunfos consecutivos nun lustroso 5-0. Non hai que esquecer que Marta está invicta dende que apertou a profesionalidade.

O curruncho vermello estará íntegramente conformado por púxiles do PlanasBox e os combates serán:

Ana Acebedo Lara (Krazzy Dog – A Coruña)
Lucía Rogel Arianna (Noia)
Montse Rey ‘Piraña’ Yaiza (Krazzy Dog – A Coruña)
Fanny Mendes ‘Laky’ Susana Castro (Portugal)
Alba Fagil ‘Lady Snake’ Alba (Marín)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Presentará a velada a púxil e cantante Sara Piñeiro. Exercerá como delegada, máxima autoridade na velada, Montse Pérez, que é a vicepresidenta da Federación Galega de Boxeo. E actuarán como xuizes e árbitras:

  • Sonia Fernández Paceiro
  • Eva Sánchez
  • Alicia Lopez

Únicamente arbitrará un home e será no caso do combate estelar, dado que aínda non hai árbitras profesionais.

Marta Brañas

Marta Brañas

Homenaxe a Beatriz Negreira

No transcurso da velada vaise homenaxear á deportista Beatriz Negreira, que hai pouco que finou. Ela tentou boxear no ano 92, da man de Chano Planas, pero daquela, o boxeo non estaba preparado para asumir a chegada das féminas. Así que tivo que conformarse co Full Contact. De feito, conta Planas que non a deixaban entrar nin a adestrar.

Aló polo no 96, Chano seguiu na súa teima de que elas tamén boxeasen e organizou o primeiro combate feminino en España. A pelexa foi entre as portuguesas Sonia Pereira e Sandra Gonsalves. Celebrouse en Madrid, pero a Federación Española negouse a recoñecelo. As rapazas seguían se poder subir ao cuadrilátero oficialmente.

Non foi até principios deste século que o boxeo feminino se admitiu internacionalmente. O primeiro campionato de España feminino chegaría no 2003. Os pasos dende entón foron grandes, pero aínda quedan…

Hai unhas décadas, as mulleres como Bea Negreira eran das poucas que puñan as luvas no ximnasio. Agora hai unha chea de rapazas que queren aprender a non bicar a lona, a saber manter a distancia e practicar un deporte que é máis noble e menos violento do que moitos pensan.

 

Combate Marta Brañas vs Katherine Quintana en Arteixo

Combate Marta Brañas vs Katherine Quintana en Arteixo

A Potrilla xa ten data para o seu seguinte reto

Aínda que o primeiro reto para Marta Brañas será esta noite subíndose ao ring á procura do seu 5-0 xa pensa noutros desafíos. O seguinte paso na súa sucesión de éxitos quere que sexa acadar o primeiro cinto estatal español. A Potrilla quere ser a primeira campiona de España profesional e xa ten data e rival. Será o 4 de decembro, contra a catalana Maribel de Sousa, e na Coruña.

Antes pretende continuar invicta como profesional e vence novamente por KO á súa rival desta noite, Aoutif Al Kallachi. A resposta, a partir das 22:30 no Frontón de Riazor, na Coruña.

Escoita a entrevista a Chano Planas e Marta Brañas en Coruña Deportiva (Radio Coruña – Cadena SER)

Combate Marta Brañas vs Katherine Quintana en Arteixo

Combate Marta Brañas vs Katherine Quintana en Arteixo

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: