Skip to content

Claudia (Burela FSF): “Somos un equipo con máis complicidade”

Outubro 9, 2015

 

Vista Alegre e o CD Burela FS Pescados Rubén vivirán o primeiro duelo irmandiño. Será mañá, coa visita do Poio Pescamar FS a terras da Mariña. O cruce está fixado para as 18.30 horas. Os dous equipos pelexarán por conservar a boa liña inicial de tempada. O derbi poderá seguirse en directo por streaming.

Redacción

A última vez que se viron as caras pontevedresas e mariñás foi en pretemporada con marcador favorable para o Poio (5-1), pero o escenario e os protagonistas cambiaron. “O Burela FS non é o mesmo, somos un equipo con máis complicidade e máis unido”, advertía Claudia.  A futbolista tamén destacou a boa sensación que lle deixou o rival no seu anterior envite: “Gustoume moito, presentando o partido cunha defensa adiantada e presionando”.

Con pleno de puntos en liga e tras a meritoria vitoria na pista de Alcorcón, o Burela móstrase máis seguro. “Deunos moitos ánimos; son tres puntos pero para min son seis porque viaxamos con ausencias e ademais Bea e eu tampouco estabamos ben”, advertía Claudia. Foi xustamente ela quen abriu o marcador do triunfo. “Esta semana xa volve Peque e tanto Bea como eu xa nos recuperamos das diferentes molestias”, adiantaba a focega.

Lucas perde por lesión a Emma e Judith.


Claudia, elexida Deportista Lucense 2015 por El Progreso

A 5 laranxa Claudia recibiu en Lugo o recoñecemento dos lectores de El Progreso como Deportista Lucense 2015 na sección de fútbol sala. A deportista apuntaba que para ela “é un gran orgullo, é o recoñecemento ao traballo de todos estes anos e motívame para seguir mellorando, pero tamén é un premio para as miñas compañeiras e adestradores cos que vivo e vivín o fútbol sala”. Deste xeito agradecía emocionada Claudia o premio. Ela xa recolleu o galardón do xornal lucense en 2011-12.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: