Skip to content

Ártabras Fene FSF consegue os seus tres primeiros puntos ante o FS Pontedeume ao que vence 0-13

Outubro 5, 2015

 

As fenesas deitáronse se líderes provisionais na clasificación da liga Provincial tras derrotar de forma contundente ás xogadoras do Valdetires B FS Pontedeume.

 

Redacción

Marta Martínez, Ártabras Fene

Marta Martínez, Ártabras Fene

Os equipos de Ártabras Fene Fsf e Fs Pontedeume enfrontáronse na mañá do domingo para disputar os 3 puntos en xogo no primeiro derbi da tempada. O marcador ao termino do encontro reflectiu un contundente 0-13 a favor do equipo fenés.

Para as de Fene este partido supoñía o inicio da súa segunda tempada en Liga Provincial, e para as mozas xogadoras de Pontedeume era o seu primeiro partido en competición.

Ártabras presentábase no encontro coas baixas de 3 das súas xogadoras: Uxía Vázquez, Uxía Saavedra e Laura Maldonado; e coa incerteza de descoñecer o nivel do equipo rival.

Cristina Fernández, Ártabras Fene

Cristina Fernández, Ártabras Fene

Ártabras Fene Fsf ratificou a superioridade que se lle presupoñía poñéndose por diante no marcador xa o minuto 1 cun tanto de disparo afastado de Cristina Fernández. Cris marcaba no seu partido de debut coas azuis, no que volvía pisar unha cancha de fútbol sala despois do seu paso polo fútbol.

Antía Sabio, Ártabras Fene

Antía Sabio, Ártabras Fene

As de Fene cunha intensa defensa souberon conter as arremetidas  das locais e foron ampliando a súa vantaxe no marcador sen que o FS Pontedeume soubese atopar a chave da portería de Almu. A porteira de Ártabras Fene Fsf conseguiu manter a súa portería a cero neste primeiro encontro de Liga, aínda que o Pontedeume estivo a piques de lograr o seu primeiro tanto nunha espectacular vaselina que se topou co pau.

Os goles foron caendo ao lado das fenesas aos poucos ata deixar o marcador no definitivo 0-13 co que terminaría o partido.

Andrea Sabio, Ártabras Fene

Andrea Sabio, Ártabras Fene

Con este resultado, as de Fene sitúanse líderes da clasificación, liderado que con seguridade perderán a próxima semana xa que na próxima xornada Ártabras Fene Fsf descansa, aínda que a competición de Liga Provincial continúa en marcha.

Hai que destacar deste encontro o debut da xogadora de Fene Eva, que logrou marcar un gol no seu primeiro día como xogadora de fútbol sala.

 

FICHA TÉCNICA:

FS PONTEDEUME: Mariña, Lucía, Celtia, Iria e Lida. Tamén xogaron: Juana, Verónica e Delia.

ÁRTABRAS FENE FSF: Almu, Andrea, Cris, Antía e Marta. Tamén xogaron: Eva e Cintia.

GOLES: 0-1, min 1: Cris. 0-2, min 2: Marta 0-3, min 15: Antía 0-4, min 19: Cris 0-5, min 19: Antía 0-6, min 23: Marta (penalti) 0-7, min 24: Marta 0-8, min 27: Marta 0-9, min 27: Antía 0-10, min 28: Antía 0-11, min 29: Andrea 0-12, min 29: Eva 0-13, min 29: Antía.

INCIDENCIAS: Partido disputado o 4 de outubro de 2015 ás 12:30 horas no Pavillón Polideportivo Municipal da Casqueira en Pontedeume.

ÁRBITROS: José Juan Romaus Carpente como principal e Santiago Pena Loureiro como auxiliar.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: