Skip to content

Triunfo do Burela Pescados Rubén en Alcorcón por 2-3

Outubro 4, 2015

 

Os tres puntos tampouco se lles resisten ás pupilas de Lucas a domicilio, que se impuxeron no seu primeiro desprazamento da liga ao Ciudad de Alcorcón (2-3) nun encontro no que levaron a iniciativa no electrónico e que decidiu a capitá, Maite, no último minuto.

Redacción

Claudia xa adiantaba as mariñás no minuto 2, ao aproveitar un balón de Gaby desde a banda que repeleu o pau local. As de Alcorcón igualaron a contenda na súa primeira ocasión clara, combinación entre Pitu e Desi nunha recuperación.

Cumpríase o minuto 7 de xogo e regresaba o equilibrio ao marcador, pero Gaby devolveulles a vantaxe ás galegas no 13, materializando ao segundo pau un saque de esquina de Maite, que xa inquedara as filas locais nunha contra fulgurante pola banda na xogada anterior.

Con 1-2 os goles resistíronse na segunda parte, pero as madrileñas conseguiron o empate de novo nunha recuperación preto da portería de Jozi, que culminou Aída. A escuadra de Lucas dispuxo de oportunidades para volver poñerse por diante, pero non foi ata o último minuto no que apareceu Maite, asistida por Ceci nunha contra iniciada por Gaby.

O Alcorcón apostou por xogo de cinco con tempo para un disparo con barreira por falta de Shio no último segundo, que conseguiu bloquear a defensa burelista sen complicacións.

FICHA TÉCNICA:

CIUDAD DE ALCORCÓN: Miri, Desirée, Natalia, Ro e Anita Luján (cinco inicial). Tamén xogaron Cris Llanos, Orive, Aída, Pitu, Belén e Vadillos.

CD BURELA FS PESCADOS RUBÉN: Jozi, Gaby, Maite, Ceci e Claudia (quinteto inicial). Tamén xogaron Bea Mateos e Shiori.

GOLES: 0-1, minuto 2, Claudia; 1-1, minuto 7, Desirée; 1-2, minuto 13, Gaby; 2-2, minuto 31, Aída; 2-3, minuto 39, Maite

ÁRBITROS: Álvaro Alonso e Javier Montero do colexio madrileño. Amoestaron con cartolina amarela a Ceci e Shiori no Burela FS

INCIDENCIAS: Partido correspondente á terceira xornada de Primeira División RFEF, disputado en Los Cantos.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: