Skip to content

O Ciudad de Alcorcón, será o rival do CD Burela FS Pescados Rubén o domingo

Outubro 3, 2015

  • Despois de pleno de puntos nas dúas primeiras xornadas arroupado polo ambiente de Vista Alegre, o CD Burela FS Pescados Rubén trasladarase á pista do sólido Ciudad de Alcorcón para disputar a terceira xornada de Primeira RFEF o domingo (13.00 horas).
  • O partido poderá seguirse en directo en streaming.

Redacción

beamateos-alcorcon14-prensa

A escuadra mariñá visita a un Alcorcón que tamén está vivindo un bo comezo de liga, con triunfos fronte a Poio FS Pescamar (2-1) e Majadahonda (2-5). “É un dos firmes candidatos a estar pelexando polos postos de arriba, cun gran bloque, ademais de ser un dos equipos que mellor se reforzou”, advertía Lucas do equipo da desequilibrante Anita Luján, que esta tempada incorporou ás internacionais Belén de Uña e Natalia, xunto á mariñá e ex-burelista Ro. “Non estamos nas nosas mellores condicións pero utilizaremos todo para regresar cos tres puntos”, adiantaba Iván Cao, Lucas.

Non foi unha boa semana de adestramentos; temos moitas xogadoras con problemas físicos” lamentaba o adestrador laranxa. Ata mañá pola mañá, despois da última sesión -en Burela-, o técnico laranxa non poderá dispoñer da convocatoria definitiva; a única baixa segura polo momento é Emma. A expedición partirá cara ao seu primeiro destino da tempada ás 14.00 horas.

Sigue nesta ligazón o partido en streaming: https://www.youtube.com/watch?v=hjKZLYpcfFY&feature=youtu.be

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: