Skip to content

Un Star Center Uni Ferrol totalmente renovado, aspira a ser un equipo competitivo na Liga Feminina

Outubro 1, 2015

Star Center Uni Ferrol arrincou a pasada semana a súa segunda tempada consecutiva na máxima categoría do basket feminino estatal. O pasado ano acadou a salvación na undécima posición e fixo unha campaña tan feitiña que como consecuencia que a meirande parte das súas xogadoras marchasen logo de recibir a chamada de clubes con ofertas máis interesantes das que seguramente poidera poñer sobre a mesa este modesto equipo galego que fixo do renovarse ou morrer a súa máxima para este curso. Con todo, o seu adestrador, Lino López, non renuncia a prantar cara aos rivais e aspirar a ser un equipo competitivo e non so un candidato á permanencia.

Silvia Carregal

Uni Ferrol tempada 2015-16

Foto oficial do Uni Ferrol tempada 2015-16

Salvo dúas xogadoras, Bea Sánchez (que leva catro tempadas en Ferrol) e a canteirana Carmen Fernández, o resto son novidades. Sobre o papel din que Lino López ten ás súas ordes un grupo de rapazas con talento no que contan con dúas americanas.

Sara Hammond, un ala-pivot de 1.88 de altura, está chamada a ser un dos referentes. Formada na Universidade de Louisville, dela salientan os que a viron xogar o seu carácter gañador e competitivo.

A outra incorporación made in USA é a pivot Becca Mills, de 22 anos e 1,92 de altura. Unha xogadora formada na universidade de Michigan que nunca antes saíra de EE.UU.

Laura Quevedo, unha alero madrileña de 1.84 e 19 anos e internacional en categorías inferiores con España, agarda confirmarse como a promesa que é en Ferrolterra.

De fóra chega tamén a base finesa Vilma Kesänen que ven de Helsinki e foi internacional co seu país en categorías de inferiores. Mide 1.73 e ten 26 anos.

Súmanselle as nacionais Ana Suárez, unha base valenciá de 27 anos e 1.70, a escolta grancanaria Patricia Cabrera de 24 anos e 1.72, a galega procedente do Celta María Pérez Araujo de 18 anos e 1.76, e a canteirana local Paula Cuíña que xoga de alero.

É tal a ansia que teñen de gañar e de facelo ben, que das dez xogadoras que conforman o plantel do Star Center Uni Ferrol, nove incorporáronse antes de tempo na pretemporada voluntariamente para poñerse a punto canto antes.

Ao frente do banco está Lino López, adestrador do primeiro equipo ferrolá dende hai cinco tempadas, e primeiro adestrador nas catro últimas.

 

Primeiro triunfo xestado no último cuarto

O primeiro encontro desta tempada xogárono as ferrolás na casa. Pavillón de Esteiro serviu de escenario para un triunfo local, pero que se fixo realidade no último dos cuartos onde as ferrolás acadaron un parcial de 25-10 diante do Campus Promete de Logroño. O resultado final, un axustado 65-61, con so catro puntos arriba para as galegas.

O seguinte partido téñenno o sábado 3 de outubro ás 18:00 h. Xogarán en Zamora contra do Zamarat, que veñen de vencerlles no Trofeo Cidade en pretempada e que gañaron ao Gipuzkoa na primeira xornada por 56-64. O Star Center Uni Ferrol viaxa disposto a dar guerra. Quere ser un equipo competitivo e segundo explicaba o seu adestrador en Coruña Deportiva (Radio Coruña – Cadena SER), trátase dunha escuadra que conta con “xogadoras xenerosas que miran polo ben do equipo. Somos un equipo máis físico ca o ano pasado. E a responsabilidade anotadora estará m máis repartida”.

 

Estrelas na tele online

Os partidos do Star Center Uni Ferrol pódense seguir dende hai xa sete tempadas pola internet. Agora incluso en HD. E resulta que o ano pasado foron o segundo conxunto máis seguido da categoría nestas transmisións online. Sexan seareiros ou xente facendo scouting, tentando analizar o xogo das ferrolás, o caso é que o que non lle poden negar é que teñen tirón televisivo na rede.

E como saben que é bo darle aloumiños aos seareiros, na web do clube hai até fotocomposicións de cada xogadora que os afeccionados poden imprimir na cada para que logo ellas, as estrelas do Star Center, asinen os autógrafos ao final dos partidos.

__________________________________

Escoitade a entrevista a Lino López en Coruña Deportiva – Radio Coruña – Cadena SER

http://www.ivoox.com/coruna-deportiva-01-10-2015-audios-mp3_rf_8726707_1.html

 

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: