Skip to content

Ártabras Fene Fsf arrinca na competición de Liga Provincial da Coruña contra o Fs Pontedeume

Outubro 1, 2015

  • O equipo fenés comeza a súa segunda tempada en competición provincial xogando este domingo ás 12:30 horas no pavillón da Casqueira en Pontedeume.
  • Súmase ás novidades nas filas fenesas Cristina Fernández, ex do FS Narón eo Meirás FSF, que volve ás canchas do FutSal.
  • Incorpóranse tamén ao equipo, como debutantes na competición: Laura Maldonado, Uxía Saavedra e Eva Meizoso

Redacción

Debutantes: Eva, Uxía e Laura

Debutantes: Eva, Uxía e Laura

O vindeiro domingo día 4 de outubro comeza a liga Provincial para Ártabras Fene FSF, que afronta a súa segunda tempada nesta competición coa intención de mellorar a clasificación da tempada pasada demostrando que as xogadoras creceron como competidoras. O encontro disputarase no Pavillón Polideportivo de Pontedeume A Casqueira ás 12:30 horas.

O primeiro rival de Ártabras será o FS Pontedeume, equipo de moi recente creación e que debuta na competición, polo que o seu potencial e rendemento será toda unha incógnita para as de Fene ata o asubío inicial.

Esta tempada o obxectivo de Ártabras Fene Fsf é consolidarse na parte media alta da táboa. Para conseguilo, o club ten por diante 26 xornadas de competición nas que terá que desprazarse por toda a provincia da Coruña a localidades como A Baña, Carnota, Cruces, Ponteceso… Precisamente o club de Ponteceso será un dos grandes favoritos da competición se seguen na liña da tempada pasada, coa desaparición desta liga do Viaxes Amarelle FSF C, que coa súa marcha deixa o trono de campión vacante e aberto á loita entre os favoritos.

Volta ás canchas Cristina Fernández, ex do FS Narón e Meirás FF

Dentro das novidades no Ártabras, destacar a volta ás canchas de fútbol sala de Cristina Fernández, ex-xogadora de División de Honra, que militou en clubs como o FS Narón e o Meirás Fsf, sen dúbida achegará calidade e experiencia ás mozas xogadoras fenesas. Incorpóranse tamén ao equipo Laura Maldonado, Uxía Saavedra e Eva Meizoso, as tres debutantes na competición. Continúan nas filas de Ártabras Almu, Stefa, Andrea, Antía, Cintia, Uxía Vázquez e Martita.

O equipo de Fene aínda non pechou as posibilidades de fichaxes, nestes momentos conta con varias xogadoras pendentes de incorporarse por motivos laborais e con outra moza xogadora de 15 anos a proba. Nas próximas semanas o club espera pechar definitivamente o capítulo de fichaxes para afrontar a tempada con seguridade.

Ander Muñoz

Ander Muñoz

Outra das novidades das de Fene estará no banco que este ano ocupará Mavi Vieira tras a marcha de Pili Costa ao Viaxes Amarelle FSF. Acompañará a Mavi na dirección técnica Alba López. Como preparador físico, o club segue confiando nos servizos de Ander Muñoz, de Mugiment, que leva varios anos encargándose da preparación física de diversos clubs da comarca.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: