Skip to content

Vitoria da Asociación Vida Activa sobre Ártabras Fene FSF

Setembro 27, 2015

Vitoria na quenda de penaltis para o equipo da Asociación Vida Activa no partido amigable disputado co Ártabras Fene FSF o pasado venres 25 no pavillón da Xunqueira en Fene.

Redacción

DSC_0003

A Asociación Vida Activa e o Ártabras Fene FSF mediron as súas forzas o pasado venres nun partido amigable disputado no pavillón Municipal de Fene.

Este partido serviu de preparación ao equipo feminino fenés para o seu primeiro partido en competición oficial esta tempada. Vida Activa pola súa banda, tomar este encontro como o pistoletazo de saída á programación de actividades deportivas que desenvolven cada curso cos seus integrantes.

O equipo fenés expuxo unha defensa pechada en 12 metros, dificultando en gran medida os avances dos xogadores e xogadoras da Asociación, e facilitando ao tempo os contraataques das fenesas que pronto viron porta, logrando poñerse por diante con tres goles de vantaxe.

DSC_0002

Continuando coas probas tácticas, as fenesas na segunda parte subiron a unha defensa alta, movemento táctico que resultou fatal sendo aproveitado por Vida Activa para igualar o partido. Con esta igualdade chegouse ao final do tempo regulamentario establecido neste encontro.

Na sorte dos penaltis a Asociación resultou vencedora, derrotando ao Ártabras Fene no seu propio feudo.

Tras a finalización, os numerosos espectadores agradeceron cun enorme e merecido aplauso o esforzo e bo xogo realizado por ambas as escuadras.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: