Skip to content

O Burela FS Pescados Rubén repite en Vista Alegre, coa vista posta no retornado Rubí

Setembro 25, 2015

  • O CD Burela FS Pescados Rubén repite na casa na segunda xornada de Primeira RFEF, coa visita do Esportiu Rubí FS, que regresa en 2015-16 á máxima categoría do fútbol sala.
  • Vista Alegre acollerá a cita ás 18.30 horas, que poderá seguirse en directo en streaming, coa colaboración de xornalistas deportivos da Mariña. 

Redacción

O técnico local sopesaba a importancia de seguir sumando de tres en tres neste arranque ligueiro aínda que tiña claro ao falar do cruce que se han atopar un equipo moi ilusionado polo seu regreso a Primeira, pero que tamén terá que traballar para amoldarse de novo á categoría”, matizou.

O adestrador considera que hai que ser efectivas en Vista Alegre: “Na casa non debemos deixar escapar nada; outros tres puntos viríannos moi ben antes da complicada saída a Alcorcón. Debemos ser pacientes e non precipitarnos aínda que non entren os balóns nos primeiros minutos”, advertía o técnico do Burela FS Pescados Rubén puntualizando que pensa que vai ser “será un partido parecido ao de Elche, no que levaremos nós o peso”. Nesa ocasión as da Mariña vencero por 2-1.

Lucas non poderá contar nin con Shio, en plena Copa de Asia coa Selección do Xapón, nin con Lara e Emma, por lesión. Bea Mateos, Claudia e Peque chegan entre algodóns.

 

As convocadas para este partido son:

CD BURELA FS PESCADOS RUBÉN: 1. Jozi, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 11. Ceci, 13. Andrea C., 14. Bea Mateos, 15. Judith, 17. Maite, 31. Eva

ESPORTUI RUBÍ FS:
1. Irene, 2. Mariona, 4. Ayala, 7. Alba, 8. Alicia, 9. Ainoa, 10. Mariña, 11. Bet, 13. Nona, 15. Nerea

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: