Skip to content

Pequedeporte: a nova actividade das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Fene

Setembro 23, 2015

Os nenas e nenas máis pequenos de Fene poderán gozar desta nova actividade deportiva municipal os mércores e venres.

Redacción

Fene

As Escolas Municipais Deportivas de Fene non deixan de crecer e de incorporar novas actividades á súa xa de seu ampla oferta. Unha das últimas en incorporarse é Pequedeporte.

Pequedeporte é unha actividade multideporte na que os participantes aprenderán realizarán xogos lúdicos e iniciaranse na práctica de varios deportes, sen centrarse exclusivamente nun deles, evitando a especialización deportiva nas idades máis temperás.

O obxectivo desta actividade é evitar a vida sedentaria, que descubran o máximo número de actividades e deportes posibles, sen centrarse exclusivamente nun deles, para que en idades máis avanzadas, se así o queren, poidan escoller e especializarse na práctica dun deles.

Pequedeporte vai dirixido á poboación máis nova, é dicir, os nenos e nenas nacidos entre o 2008 e o 2012. A escola de Pequedeporte terá a súa sede no Pavillón Polideportivo A Xunqueira de San Valentín. As clases celebraranse os mércores e venres entre as 16:00 e as 17:00 horas. O número de prazas ofertadas é de 15. A actividade comeza o próximo día 1 de outubro de 2015 e a súa finalización está prevista para o próximo 30 de xuño de 2016.

O prazo de inscrición xa está aberto para a poboación empadroada no Concello de Fene, pero desde o día 22 de setembro, abríuse ao público en xeral. Para formalizar as inscricións, as persoas interesadas deben achegarse ás dependencias administrativas do Pavillón A Xunqueira de San Valentín no seguinte horario:

  1. De luns 21 a xoves 24, entre as 08:30 e as 14:30 horas.

  2. O mércores 23, tamén pola tarde, entre as 16:00 e as 19:00 horas.

Este prazo permanecerá aberto ata o vindeiro xoves día 24 de setembro (incluído).

A Escola de Pequedeporte será impartida por:

  • Pili Costa, Licenciada en Ciencias da Actividade Física e Deportiva, con ampla experiencia na impartición de actividades extraescolares deportivas para diversas entidades da comarca e da provincia da Coruña.

  • Natalia Prieto, Diplomada en Maxisterio por Educación Física, con ampla experiencia na organización e impartición de eventos deportivos para os máis novos e na impartición de actividades deportivas extraescolares.

As persoas interesadas en inscribir mozos deportistas en Pequedeporte, poden obter máis información chamando ás Oficinas Administrativas do Pavillón Polideportivo A Xunqueira de San Valentín no teléfono 981492804. Na web do Concello de Fene (www.fenecidadan.net) tamén poderán atopar información relevante sobre esta actividade.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: