Skip to content

A Asociación Vida Activa e Ártabras Fene FSF disputarán un encontro amigable en San Valentín (Fene)

Setembro 23, 2015

Ártabras Fene FSF organiza o vindeiro venres 25 de setembro o primeiro dos eventos previstos para esta tempada na súa programación. 

Redacción

O vindeiro venres día 25 de setembro, a Asociación Vida Activa e o club de fútbol sala de Fene Ártabras disputarán un encontro amigable no Pavillón Polideportivo A Xunqueira de San Valentín, entre as 20:30 e as 21:30 horas da noite. A entrada para asistir a este encontro será gratuíta e desde ambas as entidades quérese facer un chamamento a toda a poboación da comarca para que acudan ao pavillón para presenciar o partido e coñecer a actividade destas dúas entidades comprometidas, desde diferentes ámbitos, coa súa contorna social.

A Asociación Vida Activa é unha asociación creada por un grupo de persoas novas, con inquietudes e experiencia na integración de persoas con diversidade funcional. No seu día xorde coa intención de ofrecer actividades para a integración efectiva e real na sociedade das persoas con diversidade, mediante a formación adaptada e a organización de actividades integradoras. O número de persoas que se benefician das actividades deseñadas por Vida Activa é moi amplo e de diversos concellos da zona, xa que esta entidade traballa en permanente contacto con outras entidades como ASPANAES, COGAMI…

Ártabras Fene FSF, pola súa banda, caracterízase por ser un club moi activo, que organiza múltiples actividades complementarias ás competicións deportivas nas que participa. Durante a tempada 2014-2015, encargáronse de desenvolver unha programación que incluía un evento mensual, sempre en colaboración co Concello de Fene e a través da Concellería de Deportes. Estes actos, na súa inmensa maioría orientados á formación de xogadores e xogadoras da comarca, corpos técnicos e directivos, incluían desde charlas sobre nutrición deportiva, prevención de lesións, readaptación, fisioterapia, e dúas clinics centrados exclusivamente no fútbol sala nos que conseguiron a participación de dous sabios na materia, como son o fenés David González Piñón e Diego Ríos Gayoso.

Coa actividade prevista para este venres, Ártabras Fene FSF lanza a súa programación anual dándolle a oportunidade ás súas xogadoras, corpo técnico e público asistente de coñecer e intercambiar experiencias coas persoas que integran esta asociación.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: