Skip to content

Aida Vieites, unha cambresa no Mundial de Patinaxe Artística en Cali (Colombia)

Setembro 17, 2015

Silvia Carregal

Aida Vieites é unha cambresa de 28 anos patinadora do Club Patinaxe Artístico Maxia. Actualmente é subcampiona de España por detrás de Mónica Gimeno. As dúas estarán no Mundial en Colombia. Na lista de convocados para o Campionato do Mundo de Patinaxe Artístico da FIRS estarán nove españois, todos catalás a excepción do madrileño Sergio Canales (un junior disposto a seguir sumando metais) e a galega Aida Vieites. Os dous competirán en categoría individual.

Aida Vieites 1

A competición arrincou o pasado luns 14 e seguirá ata o 27 de setembro en Cali, en concreto no Coliseo Alcides Nieto Patiño, con aforo para 7.000 persoas. No anterior Mundial, disputado en Reus, Aida foi quinta e iso que antes tivo que bregar cunha escordadura de nocello. Agora, afronta un novo reto internacional chea de ilusións. Consciente como declaraba en Coruña Deportiva de que subir ao caixón será complicado, pero soñando con repetir o quinto lugar.

Aida Vieites 3

Na patinaxe, como noutras disciplinas deportivas, xógaste o traballo de meses nuns minutos. Un mal apoio, un ritmo desacompasado coa música no arranque da peza e todo o esforzo esváese. Ademais, para brillar na pista non todo é deporte. Tamén hai unha compoñente estética que hai que ter presente e que supón un desembolso económico importante. Falo deses maillots cheos de swarovski con deseños especiais que fan lucir moito máis diante dos xuíces os programas que se expoñen sobre a pista. Sen esquecer os patíns, que poden custar máis de 1.000 euros… en fin, que todo ten un prezo.

Pero Aida non entende a vida sen patinar. É é xuiza en categorías inferiores, da clases, adestra… O mundo sobre oito rodas vese dun xeito moito máis interesante que a ras de chan para esta cambresa que ten fachenda de selo.

Aida Vieites 2

Nunca pensou en marchar de Galicia para progresar na súa carreira deportiva. O CPA Maxia é o seu fogar. Vai polo mundo sempre con Cambre por bandeira e ademais é profeta na súa terra. De feito, deu o pregón nas festas de Santa María este ano. Aida é un referente para as cativas e os cativos da comarca que se colocan os patíns e aprenden a dar voltas e facer piruetas sen caer.

Dende pequena traballou con Rosa García como adestradora. Traballa a diario. Varias horas preparando cada pinchacarneiro.

Aida Vieites 4

Empezou a patinar con so seis anos e foi por mor de que o facía unha curmá. Pero non competiu ata os  12 anos. Foi, sen dúbida, un longo camiño cheo de esforzos a levou ata Colombia.

Linlle nunha entrevista que lle custou máis aprender a competir que a patinar. Non é raro, dado que todos os deportes teñen unha compoñente psicolóxica que pode marcar a diferencia.

 

Escoita unha entrevista a Aida Vietes en Coruña Deportiva (Radio Coruña – Cadena SER) nesta ligazón: http://ow.ly/SjWWq 

 

O combinado español estará formado por:

SELECCIÓN SÉNIOR

Individual Masculino

Pere Marsinyach Torrico – Federación Catalana

Llorenç Álvarez – Federación Catalana

 

Individual Femenino

Mónica Gimeno Coma – Federación Catalana

Aida Vieites Pier – Federación Gallega

 

SELECCIÓN  JUNIOR

Individual Masculino

Sergio Canales Rodríguez – Federación Madrileña

 

Individual Femenino

Grace Tara Lloret Davies – Federación Catalana

Laia Lloses Miró – Federación Catalana

 

Parejas de Artístico

Berta Vaquero Pajares y Marc Pañero Moreno – Federación Catalana

Aida Vieites 5

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: