Skip to content

Primeira derrota do Poio Pescamar no ultimo test de pretemporada diante do Envialia Ourense (5-3)

Setembro 12, 2015

O Poio Pescamar sufriu onte no pavillón dos Remedios a súa primeira derrota de pretemporada contra o Envialia Ourense, cunha baixa de Jenni de última hora, e a xa esperada baixa de Elena.

Redacción

Poio Pescamar

Poio Pescamar

Comezou o partido e aos tres minutos e medio Envialia Ourense púxose en cabeza co primer gol da noite, tras unha pérdida en creación do equipo rojillo.

Se ben na primeira metade do primer tempo o equipo visitante non estivo demasiado ben en ataque, e non se xeraron practicamente ocasiones de gol, o resultado non tardou en igualarse, no minuto sete cun gol en propia porta.

Así, e con outra pérdida de creación, chegaría no ecuador da primeira parte, o segundo gol das ourensás, propiciado por un contraataque que acabaría en falta, e despois en tanto marcado.

A partir deste gol a motivación das xogadoras do Poio Pescamar aumenta e veríamos, a partir de aquí, a mellor versión do equipo rojillo no campo. A pesar disto non conseguiron marcar antes de chegar ao descanso.

Remataba a primeira parte cun resultado de 2-1 a favor do Envialia Ourense.

Logo da reanudación do partido, veríase unha gran segunda metade dos dous equipos, con moita intensidade na posta e en defensa. Catro minutos despois do descanso Yoli regalaría, nunha transición, o gol do empate. Pero no minuto sete o Envialia voltaba pórse en cabeza co tercer gol do equipo. Un importante fallo en defensa fai que un minuto e medio máis tarde o Envialia volva marcar, quedando o marcador en 4-2.

A pesar deste gol o Poio Pescamar non tirou a toalla e continuou loitando ata o final do partido, e no minuto 13 o Poio Pescamar conseguiu colar outra pelota na portería conseguindo un 4-3 no marcador.

Non en tanto,  a dous minutos do pitido final o Envialia Ourense marcaba o último gol da xornada e e finaliza o partido con cinco goles a favor das ourensás e tres a favor do Poio Pescamar.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: