Skip to content

Clausura do II Pequecampus de fútbol sala para nenas e nenos Concello de Mugardos

Setembro 8, 2015

O pasado venres 4 de setembro tivo lugar a clausura do II Pequecampus de fútbol sala para nenas e nenos Concello de Mugardos no Pavillón do Cristo, contando coa presenza do alcalde Juan Domingo de Deus, a concelleira de Deportes Begoña Roldós e Genaro Prieto, concelleiro na oposición.

Redacción

Pili Costa con algúns dos cativos participantes

Pili Costa con algúns dos cativos participantes

Esta actividade tivo unha grande acollida entre os mozos e mozas deportistas da localidade, chegando  a 21 o número de participantes entre os 4 e os 7 anos. Durante esta festa de clausura entregáronse as correspondentes medallas conmemmorativas, á vez que os diplomas que acreditan ós participantes como “pequenos e pequenas xogadores de fútbol sala”. Con esta entrega púxose colofón a unha divertida semana chea de entretemento, diversión, e aprendizaxe a través do deporte do fútbol sala e a actividade física. Os participantes posaban o venres para a foto de despedida moi contentos coas súas camisetas, despues dunha semana na que practicaron todo tipo de deportes, mostrando orgullosos as medallas recibidas como premio ao seu esforzo.

Ademais da visita dos representantes municipais, nesta última xornada os verdadeiros protagonistas foron os pais, nais e familiares, que se vestiron de curto e baixaron á “area” para poñer a proba o aprendido polos seus fillos nun gran partido final. Para os participantes no Pequecampus disputar este partido é unha das actividades que máis ilusión e sorrisos provoca neles.

O Pequecampus aínda que no seu nome leva o deporte do fútbol sala como buque insignia estivo repleto de deportes de todo tipo: rugbi, baloncesto, balonmán… Esta foi a segunda edición, dando unha oportunidade aos máis novos de Mugardos de realizar actividade física baixo a tutela de dúas profesionais do deporte, Natalia Prieto e Pili Costa, facilitando as tarefas de conciliación na semana previa ao inicio escolar.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: