Skip to content

A homenaxe do fútbol sala feminino a Víctor Sieiro, fiel á súa cita anual

Setembro 5, 2015

As Xornadas do fútbol sala feminino Víctor Sieiro Asorey alcanzan a súa cuarta edición. Trátase dunha iniciativa que manteñen viva ano tras ano antigas xogadoras do Sal-Lence coa colaboración do Viaxes Amarelle FSF, club herdeiro da longa historia da escuadra dos Castros. A motivación é que a figura de Sieiro, e o seu legado para co fútbol sala feminino, non caian no esquecemento.

Silvia Carregal

Equipo fundador do Sal-Lence

Equipo fundador do Sal-Lence

Hoxe, sábado día 5 de setembro, terá lugar esta cita que ano tras ano desde a morte de Sieiro recupera o seu espírito e vólcase co cinco contra cinco feminino facendo especial fincapé na base.

O Pazo dos Deportes de Riazor volve servir de escenario. Alí desde as 9:40 desenvolveranse partidos de diferentes categorías nos que todas as participantes recibirán unha medalla conmemorativa e a todos os clubs entregaráselles un trofeo pola súa participación. A idades temperás o resultado debería ser accesorio. Competir é interesante, gañar é divertido, pero xogar, poder facelo sen que importe o teu xénero, é o realmente importante. Ás veces, por sorte, váisenos esquecendo grazas a que cada vez é máis habitual que non existan deportes de nenos ou de nenas. Outra cousa que axuda, e da que tamén ten certa culpa Sieiro, é a proliferación de escuadras mixtas en categorías de base, esto propicia que a falta de efectivos nunha área xeográfica non supoña un muro insalvable para que unha persoa poida desenvolverse plenamente sen limitacións de xénero.

Sal-Lence nos seus primeiros anos con Víctor Sieiro de vermello á dereita

Sal-Lence nos seus primeiros anos con Víctor Sieiro de vermello á dereita

Pero chegar até aquí, así como ser consciente de que aínda queda moito camiño por percorrer en pos da igualdade, é obra de persoas que romperon estereotipos e que se negaron a acepta o ‘normal’ como xusto.

En esencia é por iso polo que Víctor Sieiro loitou desde os anos oitenta cando no colexio Sal-Lence dos Castros puxo en marcha un club de fútbol sala feminino que terminou por gañalo todo no ámbito local, rexional e estatal. Pero sobre todo, fixo posible que a ilusión por xogar ao fútbol dun grupo de nenas pequenas non tivese como freo nin a burocracia, nin o que dirán, nin o que a sociedade estipulaba ata entón como o lóxico.

O palmarés do Sal-Lence é aínda hoxe un dos máis envexados. Varias veces campioas e subcampioas de España de Liga e Copa, campioas da Copa Ibérica, vencedoras do trofeo internacional SuperBowl… A lista é tan longa que, arestora, segue a ser un dos clubs máis laureados de Galicia.

Equipo mixto que o Sal-Lence presentou ao Trofeo Liceo La Paz

Equipo mixto que o Sal-Lence presentou ao Trofeo Liceo La Paz

Hoxe, en memoria de Víctor Sieiro, disputarase un torneo de base e un cruce de categoría senior entre o Viaxes Amarelle FSF e o Valdetires Ferrol FSF que será clasificatorio para a Copa de Galicia.

Que as nenas xoguen é quizais, a mellor das homenaxes imaxinables, para lembrar a un home que fixo de que elas tamén xogasen o seu leitmotiv.

 

Seis equipos e catro categorías

En categoría alevín xogarán o Poio, o Fisober e o Viaxes Amarelle, mentres que en cadetes competirán o Poio, o Grupo Work e o Viaxes Amarelle.  Nestas dúas categorías o sistema de competición será de liguiña de todos contra todos resultando vencedor o equipo que some máis puntos ao final do día. Os partidos contarán cun único período de 30 minutos disputado a tempo corrido.

Viaxes Amarelle Vs Hércules infantiles

Viaxes Amarelle infantil

As infantís xogarán a diario de eliminatoria con dous tempos de 15 minutos a reloxo corrido. Haberá semifinais, loita polo terceiro e cuarto posto e final. Xogarán pola mañá as mozas do Hércules contra as do Viaxes Amarelle e as do Poio contra as do Adarve lucense. En horario vespertino disputaranse as cruces resultantes.

Aínda que en idades de base cada tempada é un mundo novo por descubrir, os equipos cadete e infantil do Poio parten coma favoritos dado que o pasado curso proclamáronse campionas de España nesas categorías.

 

XXV Copa Galicia

O prato forte da xornada é o cruzamento de categoría senior, puntuable para a XXV Copa Galicia, entre o Viaxes Amarelle FSF e o Valdetires Ferrol FSF.

Esta competición xógase a modo de liguilla nunha primeira fase na que se conta con tres grupos. No ‘A’ están o Cidade das Burgas, Fisober FS e Estradense FSF; no ‘B’ están Burela Pescados Rubén, Poio FS, Leis Pontevedra e Olivo FS; e no ‘C’ compiten o Ponte SAD, Valdetires Ferrol FSF e Viaxes Amarelle FSF. Os gañadores dos grupos ‘A’ e ‘C’, así coma os dous primeiros clasificados do ‘B’, pasarán á seguinte fase.

PARTIDOS
HORA CATEGORÍA CRUCE
9:40 – 10:15 CADETES Grupo Work – Viaxes Amarelle
10:25 – 11:00 ALEVINES Fisober – Viaxes Amarelle
11:10 – 11:45 INFANTILES Hércules – Viaxes Amarelle
11:55 – 12:30 INFANTILES Poio – Adarve
12:40 – 13:15 CADETES Poio – (perdedor 1º partido)
13:25 – 14:00 ALEVINES Poio – (perdedor 1º partido)
16:15 – 16:50 INFANTILES Tercer y cuarto puesto
17:00 – 17:45 INFANTILES Final
17:55 – 18:30 CADETES Poio – (ganador 1º partido)
18:40 – 19:15 ALEVINES Poio – (ganador 1º partido)
20:00 – 21:00 COPA XUNTA Viaxes Amarelle FSF – Valdetires Ferrol FSF

 

DESCARGA AQUÍ A REPORTAXE PUBLICADA NO XORNAL DxT Campeón

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: