Skip to content

Un Ártabras Fene en construción dá a cara aínda que perde diante do Valdetires Ferrol FSF 1-4

Agosto 24, 2015

As de Fene demostraron no Roxal un nivel de xogo impropio para a época estival aínda que remataron caendo derrotadas por un tanteo de 1-4 diante do Valdetires Ferrol FSF. Chegouse ao descanso xa cun 0-2 tras anotar Sheyla en dúas ocasións. A xogadora do Valdetires aínda anotaría outros dous goles máis na segunda metade. O gol das Ártabras Fene marcouno Irene. 

Redacción

Ártabras Fene Vs Valdetires Ferrol

Ártabras Fene Vs Valdetires Ferrol

Este partido disputouse o pasado sábado con motivo da Clausura dos Campionatos Deportivos de Verán organizados pola SCD O Roxal. A pista do Roxal serviu ás de Fene como escenario no que poñer de manifesto de novo o bo xogo que viñeron despregando ao longo do verán nos torneos nos que participou.

Ártabras afrontou inicialmente este partido formulando unha defensa pechada atrás que logrou poñer en bastantes problemas a creatividade futbolística ferrolana. Ao contrario do esperado, durante a primeira parte do encontro, o dominio e as ocasións correron por conta do Ártabras que puxo en apuros a portaría ferrolana con tres claras ocasións, desperdiciadas por falta de puntaría.

As mozas fenesas conseguiron manter a raia ó Valdetires durante boa parte desta primeira metade, ata que aos 14 minutos de xogo, Sheyla finalmente conseguía “abrir a lata” da portaría defendida por Almu co primeiro dos seus catro goles da tarde.

A segunda parte do encontro foi dominada con claridade polo Valdetires Ferrol, quen fixo valer a súa maior calidade e potencial físico. Co 0-3 Ártabras Fene intentou apertar un pouco ao Valdetires subindo a presión defensiva, feito que propiciou que deixasen espazos na defensa, que esta vez se foron ben aproveitados polo Valdetires, que rematou o partido co cuarto gol de novo a cargo dunha moi efectiva Sheyla. Irene, 13 minutos máis tarde, conseguiría o gol de Ártabras que poñería no marcador o definitivo 1-4 co que finalizou o encontro.

Tras o partido a SCD O Roxal agradeceu a cada equipo a súa participación no partido de exhibición co obsequio dunha placa conmemorativa do evento.

 

Ártabras Fene Fsf segue configurando o equipo sénior para a tempada 2015-2016

O Ártabras continúará as próximas semanas mantendo contacto con diversas xogadoras da bisbarra coa finalidade de concretar o seu equipo sénior de cara á próxima tempada. Varias son as xogadoras que estiveron a proba neste torneo, causando unha moi boa sensación á dirección técnica do club, polo que é moi probable que se incorporen definitivamente á súa disciplina. Nos próximos días faranse públicas estas incorporacións.

No capítulo de baixas, á xa coñecida da súa adestradora Pili Costa únense as das varias xogadoras: Claudia, Angie, Thalia e María Vázquez, quen decidiron non continuar na entidade fenesa a próxima tempada. Dende o club, agradécenlles enormemente ter participado no primeiro equipo de Ártabras e deséxanlles toda a sorte do mundo nas súas novas actividades.

 

FICHA TÉCNICA:

ÁRTABRAS FENE FSF: Almu, Andrea, Irene, Cintia y Uxía. Tamén xogaron Marta, Cris, Saavedra e Angie.

VALDETIRES FERROL FSF: Iria, Alba, Lidia, Sheyla y Belén. Tamén xogaron Andrea de Paz, Alba Permuy, Nerea e Jenny.

ÁRBITROS: Non federado. Sacaron tarxeta amarela a Lidia e Alba polo Valdetires. Partido disputado a dous tempos de 25 minutos cada un.

GOLES: 0-1 Min 14: Sheyla;  0-2 Min 19: Sheyla; 0-3 Min 4: Sheyla; 0-4 Min 9: Sheyla; 1-4 Min 22: Irene.

INCIDENCIAS: Partido disputado no Roxal en Neda. O sábado 22 de agosto. 

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: