Skip to content

Quedan 3 prazas libres no II PequeCampus de FutSal de Mugardos para nenos e nenas

Agosto 24, 2015

Os que esteades interesad@s, bulide!  Quedan so tres prazas libres para o II PequeCampus de Mugardos que pecha o seu prazo de inscrición o próximo mércores día 26.

Redacción

PequeCampus Mugardos

PequeCampus Mugardos

 

O II Pequecampus de fútbol sala para nenas e nenos Concello de Mugardos parece que de novo vai encher a cota de asistentes. A primeira hora de hoxe luns o número de vacantes era de 3 prazas, contando xa con 21 nenos e nenas apuntados sobre os 24 posibles.

A organización lembra que esta edición do PequeCampus vai dirixida aos nacidos/as entre os anos 2008 e 2011, ambos os dous incluídos; e que se desenvolverá do 31 de agosto ao 4 de setembro, de luns a venres entre as 10 e as 14 horas. A maior parte das sesións realizarase no Pavillón Municipal do Cristo, aínda que está prevista unha escapada á praia se o tempo o permite. O fútbol sala será o eixe central sobre o que xirarán as actividades formuladas por Pili Costa e Natalia Prieto, monitoras do campus, pero tamén haberá espazo para a realización de actividades multideporte e a difusión de valores deportivos e hábitos de vida saudables.

A inscrición poderá realizarse ata o próximo día 26 de agosto na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Mugardos. A cota de inscrición é de 15 euros.

Para máis información, as persoas interesadas poden facer as súas consultas no teléfono do Concello de Mugardos: 981470338.

 

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: