Skip to content

Pili Costa non dirixirá o equipo sénior de Ártabras Fene FSF a próxima tempada

Agosto 21, 2015

A actual adestradora do primeiro equipo seguirá como coordinadora do club

Redacción

Pili Costas

Pili Costas

 

Pili Costa, actual coordinadora e adestradora do primeiro equipo de Ártabras Fene FSF, comunicou ao club onte xoves o seu desexo de non continuar dirixindo as xogadoras sénior da entidade. Nos próximos días farase público o seu novo destino como adestradora de fútbol sala.

A despedida de Pili Costa non supón o seu total afastamento das canchas fenesas, xa que a adestradora naronesa continuará vinculada ao club, colaborando na coordinación deportiva e organización de eventos e actividades da entidade.

María Vieira, presidenta do club expresaba a súa opinión sobre a marcha de Pili Costa: “Dende Ártabras Fene queremos agradecer a Pili o tempo que nos dedicou durante a tempada pasada como adestradora. Sen dúbida, trátase dunha das persoas con máis coñecementos e capacidade para adestrar un equipo, tanto masculino coma feminino, e eramos plenamente conscientes de que a súa presenza á fronte do primeiro equipo era temporal, case como un regalo. Desexámoslle o mellor na nova etapa que inicia como adestradora, tanto a ela coma ao grupo que vai dirixir. Pola nosa banda, nos próximos días reunirémonos e decidiremos quen se fará cargo da difícil tarefa de substituíla“.

Pili Costa, comentaba: “O meu tempo á fronte do primeiro equipo de Ártabras Fene rematou polo momento. Non existe ningún motivo negativo, ao contrario, estou moi contento da miña experiencia durante o pasado ano á fronte deste grupo de novas xogadoras. Foi toda unha experiencia sacar adiante un grupo tan heteroxéneo e conseguir que fosen progresando pouco a pouco. Decidín aceptar unha oferta doutro club, que será anunciada cando sexa o momento, porque para min supón un paso adiante no meu proceso formativo e na miña evolución como adestradora de fútbol sala. O meu obxectivo persoal é acumular experiencia, poñer en práctica e reforzar os coñecementos adquiridos na realización do curso de Nivel III. Algún día, quizais, esta experiencia poida “vir de volta a Ártabras” e axudar a facer este club máis grande“.

 

Último compromiso de Ártabras Fene FSF con Pili Costa á fronte

O próximo sábado ás 19:00 horas, Ártabras Fene FSF disputará un partido de exhibición fronte ao Valdetires na pista do Roxal de Neda. Esta será a despedida de Pili Costa á fronte do Ártabras Fene Fsf.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: