Skip to content

Ártabras Fene FSF e Valdetires Ferrol FSF xogarán na clausura dos Campionatos Deportivos de Verán SCD Roxal Concello de Neda

Agosto 16, 2015

O equipo Ártabras Fene FSF pechará a tempada 2014-2015 coa súa participación nun partido de exhibición en Neda contra o Valdetires Ferrol FSF organizado pola SCD O Roxal e o Concello de Neda. A cita deportiva está fixada para o día 22 de agosto ás 19:00 horas.

Redacción

Ártabras Fene FSF

Ártabras Fene FSF

 

Ártabras Fene, club de fútbol sala feminino, confirmou a participación do seu equipo sénior na festa de clausura dos Campionatos Deportivos Verán 2015 SCD Roxal Concello de Neda de fútbol sala e tenis. Este verán a actividade non cesou nin un momento para as xogadoras fenesas que participaron en varios torneos estivais.

Valdetires Ferrol FSF

Valdetires Ferrol FSF

Este partido de exhibición celebrarase o próximo día 22 de agosto ás 19:00 horas ante un rival que compite en Primeira División Nacional, o Valdetires Ferrol FSF.

A organización espera que este partido sirva para promover o fútbol sala feminino en Neda e que as persoas asistentes poidan gozar dun bo espectáculo a pesar da gran diferenza de categoría existente entre ambos os dous clubes, xa que Ártabras compite en categoría provincial e o equipo ferrolano ven de ascender a tempada pasada a Primeira.

As instalacións da SCD O Roxal nas que se estiveron disputando os Campionatos Deportivos Verán 2015 levan acollendo case 30 anos estas competicións estivais. Trátase sen dúbida dun dos torneos clásicos na bisbarra polo que pasaron multitude de xogadores e xogadoras recoñecidos, nas súas tres décadas de existencia.

Ártabras presentará para este encontro un equipo bastante renovado en comparación ao que rematou a tempada pasada xa que conta con varias xogadoras en período de proba. Pili Costa afronta este partido como un novo banco de probas de cara a valorar a incorporación definitiva destas novas caras á disciplina da entidade fenesa que competirá por segundo ano consecutivo en categoría provincial.

 

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: