Skip to content

Ártabras Fene FSF vence no III Torneo de Fútbol Sala de Base de Nogueirosa e xoga o I Torneo Pilar Rodríguez

Agosto 15, 2015

  • O Ártabras Fene FSF participaba o domingo 9 de agosto, e finalmente conseguiu alzarse co triunfo, no III Torneo de Fútbol Sala de Base de Nogueirosa, localidade pertencente ao Concello de Pontedeume.
  • As rapazas do Ártabras tamén participaron no I Torneo Pilar Rodríguez, organizado polo Valdetires Ferrol FSF para honrar a figura de que fora a presidente do Meirás FSF durante 30 anos.

Redacción

FotoGrupoNog

Para conseguir este triunfo o Ártabras Fene FSF derrotou ao AAVV Nogueirosa na liga previa e a un combinado de xogadoras de fútbol 8 do Maniños de Fene na final.

Ademais desta competición, Ártabras foi o único club invitado ao I Torneo Pilar Rodríguez, evento organizado polo Valdetires Ferrol FSF, antigo Meirás FSF, coa finalidade de honrar a figura da súa presidenta durante máis de 30 anos, Pilar Rodríguez.

Ao longo da tarde do sábado 1 de agosto as xogadoras de Fene tiveron a oportunidade de coñecer e valorar a figura de Pilar no mundo do fútbol sala feminino español, así como de compartir parqué con algunhas das xogadoras emblemáticas da historia deste club, como foron Vero, Moca ou Queru.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: