Skip to content

Mugardos propón aos seus cativos e cativas entre 4 e 7 anos o II Pequecampus de Fútbol Sala

Agosto 14, 2015

  • O Concello de Mugardos, a través da Concellaría de Deportes, vai desenvolver do 31 de agosto ao 4 de setembro o seu II Pequecampus de Fútbol Sala pensado para para nenos e nenas.
  • Na actividade tamén se practicarán outras modalidades como bádminton, baloncesto, balonmán, voleibol, futvoley ou rugby.

Redacción 

II PequeCampus Mugardos

II PequeCampus Mugardos

 

O II Pequecampus de Mugardos vai dirixido a nenas e nenos entre 4 e 7 anos, é dicir, nacidos entre o 2008 e o 2011, ambos os dous incluídos. Este evento desenvolverase dende o 31 de agosto ao 4 de setembro, de luns a venres, entre as 10 e as 14 horas, no pabillón polideportivo municipal do Cristo, en Mugardos. O número de prazas está limitado a 24 inscritos.

O prazo de inscrición para este evento deportivo xa está aberto, podendo realizar a inscrición ata o próximo día 26 de agosto na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Mugardos. A cota de inscrición é de 15 euros.

 

Cinco días

O II Pequecampus terá unha duración de cinco xornadas, nas cales os participantes se iniciarán na práctica deportiva do fútbol sala, aínda que non será este o único deporte que se practique xa que está prevista a realización doutros deportes como bádminton, baloncesto, balonmán, voleibol, futvoley, rugby… Se a metereoloxía acompaña están previstas as actividades ao aire libre coa praia da Bestarruza como espectacular escenario para o desenvolvemento das mesmas.

As monitoras encargadas de desenvolver esta actividade son Pili Costa, Licenciada en INEF e adestradora de Fútbol sala Nivel II pola RFEF e Natalia Prieto, Mestra en Educación Física e monitora titulada de fútbol sala e fútbol. As dúas contan con ampla experiencia nesta disciplina deportiva, tanto na súa etapa de xogadoras coma na actual de adestradoras.

Para máis información, as persoas interesadas poden facer as súas consultas no teléfono do Concello de Mugardos: 981.47.03.38.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: